CURSO 5ºA 5ºB

Presentación de traballos!

Despois da procura, análise e organización da información, chegamos á fase de exposición. Temos uns magníficos presentadores e presentadoras.

Alimentos, método científico e experimentos!

Os alimentos non deixan de sorprendernos, pois sempre se pode coñecer máis información dende outro punto de vista. A argumentación e o uso de probas baseadas na observación son aspectos fundamentais do método científico.

Obradoiros do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Desde o punto de vista da ecoloxía e coa finalidade de conservar o medio natural e a biodiversidade, participamos nun obradoiro sobre as Illas Atlánticas.

FESTIVAL DE NADAL 2023

Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.

Agardamos que vos guste!!!

 

 

Unha charla saudable!

Esta semana tivemos a sorte de poder ampliar os nosos coñecementos sobre NUTRICIÓN! Unha charla amena e clara sobre a importancia de identificar produtos saudables, descubrimos novos hábitos e aprendimos a analizar as nosas propias merendas. Pois... quedounos claro que a froita, se ten polpa, moito mellor. Moitas grazas!

 

 

Visita informativa

Camiños que acaban e camiños que empezan. Aínda que iniciamos o curso académico hai pouco tempo, esta semana o alumnado de sexto recibiu unha visita informativa sobre a próxima etapa educativa.

 

Asociación Alborada!

A utilización da Internet pode ser unha ferramenta interesante á hora de traballar coa información, informar, formar ou tempo de lecer. Con todo, existe unha fina liña entre bo uso e mal uso. A Asociación Alborada lembrounos algúns dos riscos que implica o uso da rede.

 

 

A MALETA

Este ano tampouco nos resistimos a facer a dinámica da maleta, para falar un pouco de cada un de nós e así poder coñecernos mellor.

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo:

 

SAÍDA AO FIC

Curtas para pensar, sentir e rir. Iniciamos as primeiras actividades do curso coa saída ao FIC. Unha vez máis o alumnado e o profesorado levámonos unha experiencia enriquecedora e sensible.

 

 

 

CINEMÓBIL: HOMENAXE A JOSÉ GIL

O pasado venres 16 de xuño, puidemos gozar dunha actividade moi interesante e coñecer a José Gil, o pai do cine galego, que cimentou as bases do audiovisual galego.

Nesta xornada presentáronnos a figura deste gran cineasta e visualizamos varios filmes mudos da súa autoría. Ademais, coñecemos a figura do “explicador” no cine e gozamos dunha curta moi divertida de Charlot.

Para finalizar, visitamos unha réplica do camión-cine que o cineasta José Gil levaba fai 100 anos por toda Galicia.

FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ESPECIAL!!

 

Distribuir contido