Admisión alumnado
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN 2024-2025.
Enviado por Anónimo o Xov, 25/04/2024 - 10:42LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN 2024-2025.
En relación co proceso de admisión en centros públicos para o curso 2024-2025, o día 25 de abril de 2024 publicouse a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as (pode consultarse nas instalacións do centro educativo), resultando admitidos/as e excluídos/as o alumnado que presentou solicitude no CEIP Plurilingüe A Pedra.
Máis información no arquivo adxunto.
PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025.
Enviado por Anónimo o Ven, 08/03/2024 - 13:57PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
- O impreso (ANEXO II da Orde do 21/10/22) será facilitado gratuitamente no centro.
- Tamén é válido cubrir a solicitude na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro.
- A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non cómpre entregar nada no centro.
Para cumplimentar a solicitude é preciso achegar:
- Solicitude ED550B.
- DNI do neno ou nena.
- Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA coa portada.
- Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- Certificado de matrícula só para o alumnado que ven de outro centro.
ADMISIÓN 2024-2025
Enviado por Anónimo o Ven, 08/03/2024 - 11:43INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25
NORMATIVA REGULADORA
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022).
Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08 de novembro de 2022).
RESERVA DE PRAZA PARA NOVO ALUMNADO
1) Do 15 de xaneiro de 2024 ao 5 de febreiro de 2024 é a data de reserva de praza para o Instituto adscrito, que no noso centro é o IES Johan Carballeira.
Para facer a reserva cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:
- Cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro de orixe (CEIP Plurilingüe A Pedra) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala.
- Tamén é valido cubrila na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro educativo de orixe (CEIP Plurilingüe A Pedra) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude. Non vos esquezades de asinala.
- A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro educativo de orixe (CEIP Plurilingüe A Pedra).
INFORMACIÓN IMPORTANTE: O alumnado que non reserve praza no centro adscrito no prazo establecido, perderá os seus dereitos sobre a mesma.
O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de admisión para todos os curso académicos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo ambos dous incluídos.
Ábrese o prazo para presentar a ADMISIÓN do alumnado para o curso 2024/2025. O formulario normalizado ED550B será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisiónalumnado" e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
• Anexo II bis, co consentimento asinado polo proxenitor contrario ao que cumplimenta a solicitude.
• Fotocopia do DNI do alumno/a.
• Copia libro de familia.
• Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
• Certificado de matrícula e certificación académica (se ven doutro centro de primaria).
NOTA INFORMATIVA:
1.- Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente dunha nova solicitude a cal deberá presentarse.
2.- Aqueles alumnos e alumnas que teñan garantía de permamencia no nos centro, se presentasen solicitude de admisión noutro centro distinto deberán comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A presentación de solicitudes de admisión en varios centros dará lugar a unha infracción que se penalizará coa perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
4.- Publicaránse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos o 25 de abril e as definitivas o 15 de maio.
O prazo de reformular reclamacións será de 5 días hábiles contados a partir do día seguintes da publicación das listaxes provisionais.
5.- Se no houbese que baremar por existir máis solicitudes de admisión que vacantes, o criterio complementario de admisión será o seguinte:
• Priorizaranse as solicitudes das familias con menor renda per cápita da unidade familiar. Para o cálculo da renda familiar terase en conta os criterios descritos nos puntos 1 e 2 do artigo 16 da Orde do 21 de outubro de 2022, onde se regula o procedemento de admisión do alumnado.
6.- O período de matrícula dos nenos e das nenas admitidos/as é do 20 ao 30 de xuño.
7-. As familias poderán consultar na aplicación admisiónalumnado:
• A relación do alumnado de cada curso, co número de solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
• O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de DNI da persoa solicitante.
• A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
POSTOS ESCOLARES 2024-2025
CURSO |
PRAZAS |
4º INFANTIL (3 anos) |
40+6NEAE |
5º INFANTIL (4anos) |
16 |
6º INFANTIL (5 anos) |
8 |
1º PRIMARIA |
18+6NEAE |
2º PRIMARIA |
8 |
3º PRIMARIA |
0 |
4º PRIMARIA |
8 |
5º PRIMARIA |
0 |
6º PRIMARIA |
3 |
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
BUEU (San Martiño).
ÁREAS LIMÍTROFES
Beluso e Cela.
CENTRO ADSCRITO
IES Johan Carballeira.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Transporte Escolar
O centro conta con catro liñas de autobuses, unha exclusiva para Infantil e tres para Primaria.
A liña de Infantil abrangue dende A Portela ata Outeiro, pasando por Meiro, Hermelo, A Graña, Pescadoira, Norte e Barraca.
A ruta 1 (Primaria) abrangue dende A Portela ata o centro, pasando por Meiro, Hermelo e A Graña.
A ruta 2 (Primaria) abrangue dende A Barraca ata o centro, pasando por Outeiro e Norte.
A ruta 3 (Primaria) abrangue dende Loureiro ata o centro, pasando por Pescadoira.
Plan Madruga
O seu horario é de 7:30 ata 8:55, con ou sen almorzo, coa particularidade de que o alumnado de Infantil desprázase camiñando ao centro acompañados da monitora do comedor.
Comedor Escolar
Está xestionado pola ANPA e a empresa ARELAS. O seu horario é de 14:00 a 16:00 comezando a recollida dos nenos e nenas ás 15:30h.
CRITERIO COMPLEMENTARIO NO CASO DE BAREMACIÓN
Cando a renda per cápita da unidade familias sexa inferior a 0,5 veces o IPREM.
CALENDARIO ADMISIÓN
Do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro |
Reserva de praza no centro adscrito (IES Johan Carballeira) |
22 de febreiro
28 de febreiro |
Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado. Fin renuncia á reserva de praza. |
Antes do 1 de marzo |
Publicación dos postos escolares vacantes |
Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación das solicitudes de admisión |
Do 21 de marzo ata o 5 de abril |
Presentación da documentación xustificativa (no caso de baremo) |
Antes do 25 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. |
5 días hábiles seguintes á publicación da mesma |
Reclamacións á listaxe |
Antes do 15 de maio |
Publicacións da listaxes definitivas |
Do 20 de xuño ao 30 de xuño |
Formalización da matrícula. |