CURSO 5ºA 5ºB

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do “Mes da Ciencia en Galego”, e como parte do proxecto anual do noso centro "Moito máis que xogo"o pasado 23 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Pedro Meira, exalumno do colexio e experto en creación de videoxogos.

A través dunha charla do máis amena e interesante, os rapaces e rapazas de 5º gozaron dunha xornada repleta de emocións. Aprenderon que o proceso de creación dun videoxogo consta de diferentes partes e nel participan gran cantidade de profesionais: os encargados do deseño, da parte da programación, da parte artística... Ademais, participaron coas súas ideas na creación dun posible videoxogo e déronse conta de que é un longo proceso e require de moitas horas de traballo.

GRAZAS PEDRO, POR ACHEGAR A TECNOLOXÍA E A CIENCIA AO NOSO COLE!!

SAMAÍN 2022

O último venres de Outubro celebramos no cole o SAMAÍN. Durante os días anteriores xa estiveramos traendo cabazas decoradas coa temática deste curso, o XOGO. Ademais, cada clase creou unha rima terrorífica. Algunhas daban bastante medo...

Para completar esta celebración, puidemos vir disfrazados dos personaxes terroríficos que quixeramos. Foi moi divertido!

 

RECOLLENDO DATOS NA CASETA METEOROLÓXICA!!

Neste mes de novembro, o alumnado de 5º foi o encargado da recollida e rexistro de datos meteorolóxicos na caseta do noso cole.

Como cada ano, somos moi responsables e estritos co rexistro, xa que os datos son utilizados por MeteoGalicia!!

NORABOA RAPACES, MOI BO TRABALLO!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

 

 

 

 

FAI CLIC AO TEU BOCATA

O pasado día 22 de novembro, tivemos na escola un obradoiro chamado “FAI CLIC AO TEU BOCATA”.

Este obradoiro forma parte dun programa creado pola Consellería do Mar e ten un dobre obxectivo:  facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nen@s da nosa Comunidade e  incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

Aprendemos moitas cousas relacionadas cos animais mariños e descubrimos que podemos tomar bocatas saudables grazas ás conservas de peixes e mariscos. E a mellor forma de comprobalo foi degustando un apetitoso bocadillo de sardiñas, leituga e queixo.

RIQUÍÍÍÍÍÍÍSIMO!!!

XA CHEGOU O MAGOSTO!!

O mércores 9 de novembro celebramos o magosto no cole.

Coma noutros anos, tivemos a gran sorte  de contar coa ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, que nos prestou uns divertidos xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!

Despois de moita diversión, chegou a hora de repoñer forzas comendo unha boa presada de castañas! 

Que boas estaban!!

Clicade na imaxe para ver o vídeo deste día tan divertido.

 

 

RETO MATEMÁTICO

Hoxe comezamos unha nova actividade para mellorar a nosa Competencia Matemática.

Cada venres, aparecerá na parte dianteira do nosa caixa de correo un novo RETO MATEMÁTICO que debemos intentar solucionar.

ACEPTAS O RETO?? 

Non esquezas que as persoas que consigan solucionalo....

terán un  pequeno agasallo!! 

Aplausos GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

ESTEREOTIPOS NA PREHISTORIA

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Ángel, exalumno do noso cole, que estivo con nós para falarnos dos "ESTEREOTIPOS NA PREHISTORIA".

Tod@s aprendemos un montón de cousas que descoñeciamos e fíxonos pensar sobre como eran e como actuaban verdadeiramente as mulleres dos nosos antepasados.

Sen dúbida, foi unha actividade do máis interesante!!

GRAZAS ÁNGEL POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS COÑECEMENTOS!! 

 

  

 

 

DINÁMICA: "A MALETA"

O alumnado de 5º de primaria, comezamos este novo curso realizando unha dinámica moi motivadorapara poder coñecer máis aos nosos compañeiros/as.

Aquí vos deixamos uns vídeos do resultado.

Clicade na imaxe de cada clase para visualizalos.

 

 

  

PRIMEIRA SAÍDA DE 5º: GOZANDO DO CINE NO FIC BUEU

O pasado mércores 21 de setembro o alumnado de 5º tivemos a nosa primeira saída deste novo curso. Asistimos á visualización de varias curtametraxes do FIC BUEU e, sen dúbida, pasamos unha inesquecible mañá.

Aquí vos deixamos dúas fermosas instantáneas do noso paso polo FIC.

VISITA AO PAZO DE LOURIZÁN E CAMPOLAMEIRO

Un día soleado, un día cheo de emocións…

A primeira parada que fixemos tras saír da escola foi o Pazo de Montero Ríos. Neste lugar gozamos da gran variedade de especies arbóreas que alí se atopan, facendo especial parada para contemplar as que están consideradas como “Árbores Senlleiras”. Ademáis, informámonos de toda a historia que encerran aquelas 52 hectáreas.

Despois, fomos ao Parque Arqueolóxico de Campolameiro. Alí tivemos unha visita guiada, obradoiros de caza e cerámica, unha exhibición de lume…., deste xeito achegámonos a coñecer máis de preto a Prehistoria.

 

Foi un apaixoante día no que o alumnado de sexto gozamos sen parar. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido