CURSO 4ºA 4ºB

SAMAÍN

O pasado mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Disfrutamos cos diferentes obradoiros propostos por ciclos.

Este ano, realizamos unha coroa no obradoiro de Suso, despois fomos espectadores de dous contos nos que actuaba a rapazada de 6º. Que medo! Veu a Santa Compaña! 

Daisy propúxonos o obradoiro de TRICK OR TREAT no que poñíamos á proba a nosa atención. E no último, José Ángel fíxonos MOVER O ESQUELETE!

Para finalizar a mañá, merendola, música e FESTAAAA!!

QUE BEN O PASAMOS!

 
 
 
 
 
 

PONTE A ZERO

Como cada curso, está semana contamos coa visita de Antón, do programa Ponte a Zero. Neste caso realizou o obradoiro de QUE FACEMOS COS RESIDUOS en 3°EP, e QUEN VIVE AÍ? en 4°.

No primeiro, aprendemos o camiño que nos levou a reciclar e sobre todo, a producir a menor cantidade de residuos posible.

No segundo, acudimos ao composteiro do cole para descubrir todos os microorganismos que viven alí e que descoñecíamos!

 

FIC BUEU 2024

Benvidos ao novo curso! 

E para comezar ben, coma todos os anos, a rapazada do CEIP A PEDRA fomos ao 17º Festival Internacional de Cinema de Bueu. Este ano, no cartel do FICBUEU están moi presentes as flores: unha homenaxe a Jonas Mekas, un dos directores máis famosos e recoñecido do mundo do cine. Por iso, realizamos en clase de arts and crafts cadaquen a súa flor e a levamos ata alí.

Vimos cinco curtas moi divertidas e cheas de valores esenciais. Ao volver ao cole, votamos polo noso filme favorito e gañou “PUAG” tanto en 4ºA coma en 4ºB.

Foi coma sempre unha mañá estupenda para iniciar o novo curso.

Volveremos encantados o próximo ano!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Meteoescolas

O alumnado de 3º, coma cada ano, participamos na recollida de datos meteorolóxicos en dúas semanas do curso escolar.

Fomos ao inicio da xornada á caseta meteorolóxica no patio da escola para recoller a chuvia do pluviómetro e medir a cantidade que había, ademais das temperaturas máximas e mínimas.

Tamén realizamos un recopilatorio de refráns do tempo.

 Encántanos convertirnos en meteorólogos e meteorólogas por uns días!

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024

O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO. 

 

 

CONTACONTOS

Onte o avó de Aldán e o seu mono viñeron a visitarnos para un contacontos. Relataron historias que lle pasaron á súa antepasada : Natalia a mataogros, que tamén foi a mata tiburóns. Relatos incribles de tempos pasados.

Mil gracias pola visita, foi un placer recibilo e escoitalo!

ROTEIRO POLO RÍO BISPO

Para rematar o proxecto das plantas, os terceiros fomos nunha camiñata pola beira do río Bispo. Recollemos un montón de follas e flores para clasificalas na clase.

Ao rematar, merendamos no parque e xogamos un bo rato aproveitando o día solleiro.

Foi unha mañá moi divertida! 

Ollade o seguinte vídeo.

A de Astrónomas

Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!

Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.

 

TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO

O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.

Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.

Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!

Unha mañá moi instrutiva e divertida.

 

Dando nova vida aos residuos

Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…

Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.

 

Distribuir contido