CURSO 4ºA 4ºB
GRAN PRIX FINANCIEIRO
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 17/12/2022 - 22:18Esta actividade promovida por AFUNDACI ÓN ABANCA, queda perfectamente enmarcada dentro do PDI do cole MOITO MÁIS QUE XOGO.
Pois si, porque o alumnado que tivemos a sorte de asistir a esta actividade aprendemos a aforrar e administrar o diñeiro mediante divertidos xogos. Descubrimos que os cartos non aparecen por maxia no noso fogar e que as nosas familias teñen que facerse cargo de pagar as facturas da electricidade, da auga, …. Vimos a diferencia entre o que é necesario e o que é un desexable.
Soubemos da importancia de saber facer operacións matemáticas e descubrimos como multiplican en Xapón. Non teñen que aprender as táboas!
O máis divertido foi o xogo da OCA!
Empezabamos a partida con 20 moedas e despois de tirar o dado iamos caendo en diferentes casiñas onde tiñamos que ir pagando: gasolina, facturas de luz ou móbiles, arranxos de electrodomésticos, hipoteca, … As veces tiñamos que decidir se gastabamos ou non e para iso tiñamos que poñernos de acordo coa nosa parella. Como a vida mesma!
Algúns e algunhas quedabamos sen cartos!
Que divertido é aprender xogando!
CELEBRAMOS O 25 N
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 03/12/2022 - 12:18Ademáis de traballar nas aulas a importancia de igualdade e de respecto co visionado dalgúns vídeos e actividades, tamén disfrutamos coa actividade deste ano ofertada polo CIM, para a conmemoración do 25 N: uns contacontos sobre roles de xénero, recreados pola actriz Uxía Morán.
CONTACONTOS: ROMPEMOS COS ROLES?
Viaxamos a través de dous contos: MARUXA e A PRINCESA REBELDE por diversos conflictos da sociedade en canto á búsqueda da igualdade de xénero. Percorremos os ideais da muller, dos homes, os roles establecidos pola sociedade, as desigualdades en dereitos e liberdades, as profesións, as diferenzas físicas e as falsas crenzas. Xogamos cos roles muller e home, neno e nena e rompemos co establecido para deixar paso a como nos sentimos e o que queremos ser realmente. Indagamos o que queren facer independientemente do sexo, como se queren vestir independientemente de si naciches neno ou nena, a qué queren xogar, que queren ser de maiores. E sempre buscando o debate e aceptando a diversidade de gustos e opinións, respectando cada unha delas como parte do mundo diverso no que vivimos e convivimos.
XOGO DE ROLES
Aclaramos a definición de rol: papel. Función que alguén ou algo desempeña.
De entrada o primeiro xogo consistiu en colocar as tarxetas segundo “o establecido” dentro de cada silueta (neno, nena). Unha vez feito desfixémolo, esta vez colocando as fichas co obxectivo de “romper cos roles establecidos”.
Despois, xogamos ao mesmo pero en carne e oso. Un a un cada alumno colleu unha prenda ou complemento para vestirse segundo os roles establecidos pola sociedade. Observamos. A continuación refacemos coa intención de “romper cos roles establecidos” e segundo os verdadeiros gustos dxs rapacxs.
NON PAROU DE CHOVER!
Enviado por Susi Fernandez o Xov, 01/12/2022 - 23:17Na semana do 21 ao 25 de novembro á nosa clase de 4ºA tocounos recoller os datos da caseta meteorolóxica. É unha actividade que nos gusta moito cada vez que nos toca e desta vez case todas as mañás choveu. Algúns de nos ata nos enchoupamos! Foi moi emocionante adiviñar canta chuvia recollera o pluviómetro todas as mañás.
Aquí vos deixamos algunhas fotos. Estamos desexando que nos toque outra vez!
APRENDENDO COS VIDEOXOGOS
Enviado por Ana Cabaleiro o Mar, 29/11/2022 - 16:31
O pasado mércores 23 de novembro tivemos unha visita moi especial. Co gallo do noso proxecto anual Moito máis que xogo, Pedro veunos contar como se fan os videoxogos que tanto nos gustan.
Pedro foi exalumno do centro, despois de estudar bacharelato fixo o grao en Arquitectura. Continuou a súa formación na Complutense de Madrid realizando un máster en deseño de videoxogos.
Contounos dunha forma moi dinámica e divertida que para facer un videoxogo hai un traballo cooperativo entre moita xente dos distintos departamentos de arte, deseño, programación e produción.
Moitas grazas Pedro, foi un placer escoitarte, es un gran comunicador! Parabéns porque se ve que che gusta o que fas!
Por último dicir que ten outro título importante, xa que é o fillo da nosa compañeira Macu. Como podedes ver nesta foto tan divertida Pedro despídese cun bonito sorriso acompañado pola súa nai e a súa parella, Paula Pastoriza, exalumna tamén do noso centro.
PARABÉNS!
OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE
Enviado por Amalia Omil o Dom, 20/11/2022 - 12:27Acorde con PDI do cole, Moito máis que xogo, o alumnado de terceiro e cuarto, tivemos un obradoiro de consumo responsable.
Agora que chega o Nadal, todxs estamos desexando ter xogos novos. Neste obradoiro aprendemos a fixarnos nas etiquetas. Hai unha moi importante que se refire á seguridade do xoguete.
Somos moitxs aos que nos gustan os videoxogos. Aquí cobran relevancia as peguis, porque informan da idade recomendada e tamén que tipo de linguaxe utilizan, se son violentos, se son discriminatorios …
Tampouco podemos deixarnos enganar pola publicidade, que usa trucos para atraer a nosa atención, como pode ser o uso de cores.
Os xoguetes e as cores non teñen xénero.
Rematamos o obradoiro facendo unha actividade plástica na que puxemos algunha pegui, par non esquecelas.
O consumo responsable tamén pasa por seleccionar o que queremos pedir. O consumismo indiscriminado está tendo consecuencias moi graves no cambio climático.
CHEGOU O MAGOSTO E OS SEUS XOGOS TRADICIONAIS!
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 11/11/2022 - 12:45O mércores 9 de novembro todo o cole de A Pedra celebrou o magosto. A rapazada trouxo unhas poucas castañas picadas da casa e Ramón as estivo asando no patio.
Pero antes de comelas, a organización Corredoiras preparounos uns xogos tradicionais! Divertímonos moito coa billarda, os bolos miniatura, os trompos e moitos outros xogos máis...
Despois de hora e media de diversión chegou a hora de papar as castañas! Menuda panzada!
Nos seguintes vídeos poderedes ollar o ben que o pasamos!
Vídeo de 3ºA e 3ºB
Vídeo de 4ºA e 4ºB
Queremos agradecer ás familias, a Ramón e á organización Corredoiras a súa participación e por suposto a toda a rapazada do centro polo seu entusiasmo.
Ata o vindeiro curso!!
24 OUTUBRO – CAZA DO TESOURO POLO ANIVERSARIO DE PAPIRUS!
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 26/10/2022 - 17:19
O pasado luns celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, día no que celebramos tamén O ANIVERSARIO DE PAPIRUS, a mascota do noso cole.
Con tal motivo, e aproveitando o proxecto anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO, esta semana o alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha CAZA DO TESOURO na biblioteca, que deseguido vos explicamos.
Os equipos de traballo distribuíronse polo espazo. Cada equipo tivo que resolver 5 probas: sopas de letras, labirintos, enigmas, 7 erros e agudeza visual. Con cada proba realizada correctamente, gañaban unha palabra, e con todas esas palabras formaban unha pista para atopar unha chave agochada nun dos libros da biblio!
Non foi tarefa fácil, xa que temos moitos libros… Ademais, cada equipo atopou unha chave, pero non todas abrían o ARMARIO SEGREDO.
Cando conseguiron abrilo, atoparon 3 CAIXAS MÁXICAS, que gardaban no interior 3 fantásticos premios. Pero había outro problema… tampouco era nada doado abrir aquelas caixas, e só tiñan un minuto e medio!
Finalmente, foron quen de abrir algunha delas, e obtiveron a súa recompensa: MÁIS TEMPO DE PATIO!!! Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron con este xogo.
A MAXIA DE SAMUEL MORENO
Enviado por Amalia Omil o Dom, 16/10/2022 - 13:03O pasado venres, 14 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de seren invitadxs polo Concello de Bueu ao espectáculo de maxia de Samuel Moreno no Centro Social do Mar.
Este ilusionista galego deuse a coñecer no concurso Got Talent, onde quedeu finalista. O mago conquistounos co seu estilo de maxia e o seu sentido do humor.
Noa Fazanes tivo a sorte de ser a súa axudante en algún momento do espectáculo.
A profe Ainhoa tamén subíu ao escenario e non puido evitar botar algunha gargallada ante as ocurrencias de Samuel.
Se queredes saber máis sobre este espectáculo clicade en : XORNAL DE BUEU
A nosa primeira excursión de 4º: FIC BUEU
Enviado por Susi Fernandez o Mar, 27/09/2022 - 08:34O mércores 21 de setembro a rapazada de 4º fomos moi emocionados ao FIC BUEU. Puidemos ver 5 curtos: I' m not afraid, The ticket, Sierra, 6 pattes sous terre e The soloists.
Ao chegar de volta a clase, todos votamos polo noso curto favorito e sen ningunha dúbida, na clase de 4ºA "The soloists" foi o claro gañador.
O TEMPO EN BUEU
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 19/06/2022 - 20:16Nas dúas primeiras semana de abril, tocounos por segunda vez neste curso ir a recoller os datos á caseta meteorolóxica, e esa experiencia sempre nos emociona!
Ademáis, os de 3ºA, aproveitamos para realizar un recopilatorio de refráns meteorolóxicos e outro de instrumentos de recollida de datos. Tamén comparamos o tempo deste mes de marzo de 2022 co mesmo mes do ano pasado cuns climogramas, feitos por equipos.
Ollade o seguinte vídeo!
E os de 3ºB realizaron un traballo sobre os diferentes instrumentos meteorolóxicos:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »