GRAN PRIX FINANCIEIRO

Esta actividade promovida por  AFUNDACI ÓN  ABANCA, queda perfectamente enmarcada dentro do PDI do cole MOITO MÁIS QUE XOGO.

Pois si, porque o alumnado que tivemos a sorte de asistir a esta actividade aprendemos a aforrar e administrar o diñeiro mediante divertidos xogos. Descubrimos que os cartos non aparecen por maxia no noso fogar e que as nosas familias teñen que facerse cargo de pagar as facturas da electricidade, da auga, …. Vimos a diferencia entre o que é necesario e o que é un desexable.

Soubemos da importancia de saber facer  operacións matemáticas e descubrimos como multiplican en Xapón. Non teñen que aprender as táboas!

 

 

O máis divertido foi o xogo da OCA!

 Empezabamos a partida con 20 moedas  e despois de tirar o dado iamos caendo en diferentes casiñas  onde tiñamos que ir pagando: gasolina, facturas de luz ou móbiles, arranxos de electrodomésticos,  hipoteca, … As veces tiñamos que decidir se gastabamos ou non e para iso tiñamos que poñernos de acordo coa nosa parella.  Como a vida mesma!

Algúns e algunhas  quedabamos sen cartos!

Que divertido é aprender xogando!