CURSO 4ºA 4ºB
EXCURSIÓN FINAL DE CURSO SANTIAGO DE COMPOSTELA
Enviado por Ana Cabaleiro o Sáb, 18/06/2022 - 16:53
E por fin chegou o día tan esperado, a excursión de final de cursooooo de 3º e 4º!
Que ganiñas tiñamos todxs desta saída, despois de tanto esforzo e tantas restricións, xa era hora de volver á normalidade e poder gozar todxs xuntxs en Santiago de Compostela.
Tivemos un día fantástico, o ceo anubrado deixounos tempo para todo o programado, MUSEO DE CIENCIAS, TOUR POR SANTIAGO, COMER NO PARQUE AO AIRE LIBRE E MUSEO DO POBO GALEGO. E por supospo comer o xeado!!
Ollade que ben o pasamos!
Visita da protectora do Morrazo
Enviado por Susi Fernandez o Mér, 15/06/2022 - 21:37Hoxe estabamos todos moi ilusionados coa visita da PROTECTORA DO MORRAZO, e ao fin, viñeron a visitarnos con dous canciños!
Trouxemos unha morea de agasallos para eles, e en canto chegamos, foron a olisquealos, sabían que eran para eles!
Ao principio estaban un pouco nerviosos tamén, pero deseguida se acurrucaron nos brazos da profe Ana e a adoptaron!
O centro é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1993 coa finalidade primordial da defensa e protección dos animais mediante a recollida de cans abandonados e promover a súa defensa mediante campañas de concienciación, divulgación, e a xestión do refuxio.
A súa actividade principal é o coidado, a todos os niveis, dos animais que viven no refuxio para conseguir que todos elles se sintan queridos e seguros ata que consigan unha familia que os adopte de forma responsable e lles asegure un futuro feliz e unha vida digna.
Recordáronnos que non son xoguetes, que pasan a formar parte da nosa familia e como tal, necesitan coidados e moitísimo cariño. Tamén nos avisaron que a adopción dos cans require dun coñecemento amplio dos adoptantes e do que será o novo fogar dos animais. Tratase de lograr satisfacer as necesidades de ambos e que a relación que comeza sexa definitiva. Porque todos elles necesitarán un tempo e diñeiro para os seus coidados e para os seus paseos. Son os nosos amigos, pero tamén a nosa responsabilidade!
É importante a castración para evitar moitas enfermidades e reproduccións non controladas e é obligatorio poñerlles un chip, por se se perden, poidan devolvelos ás súas familias.
Ao final, tiveron unha sesión de aloumiños e tenrura! Canta emoción!
Non podemos rematar sen agradecer a todas as familias que participaron cos seus agasallos para a protectora.
Aquí deixamos o enlace da protectora: https://www.morrazocan.com/
O curso que ven, iremos a visitalos á protectora!
SAÍDA PRAIA 22
Enviado por Ana Cabaleiro o Mar, 14/06/2022 - 22:03Hoxe tivemos un día SUPEEEEERRR DIVERTIDOOOOOO! Un día de convivencia entre as dúas clases, porque non todo vai ser estudar e traballar!
Sobran as palabras, tivemos xogos e máis xogos, chapuzóns e máis risas!
Foi unha mañá fantástica na praia da Banda do Río, o curso que vén REPETIREMOSSSS!!
Sesión de animación á lectura nos terceiros
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 13/06/2022 - 20:06Esta mañá veunos visitar Benxamín, e fixemos algunhas actividades sobre o libro que lemos este trimestre: "A señorita BUBBLE, Baixo cero" de Ledicia Santos.
Ao final, contounos unha historia moi divertida sobre un dos nosos compañeiros: Iago e tamén fixo o seu retrato!
Que ben o pasamos!
PROXECTO PLANTAS
Enviado por Ana Cabaleiro o Sáb, 11/06/2022 - 14:34PROXECTO PLANTAS
Derradeiro proxecto do curso en ciencias naturais. Hai unha gran melloría desde a primeira exposición a esta última.
Simplemente dicirvos a todxs, PARABÉNS por estes traballos, porque cada vez o facedes mellor e o máis importante é que o facedes con ilusión e moi moi motivadxs!
GRAZAS POR ESTE CURSO MARABILLOSO!
TRABALLO POR EQUIPOS, mirade que ben o fixeron. Todxs queren ir a expoñer a outras aulas, o cal é fantástico para afianzar o aprendido, para traballar a exposición oral, para subir a autoestima... porque TODXS O FACEDES MOI MOI BEN!
Charla "A ciencia do traballo doméstico"
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 11/06/2022 - 09:45O venres 10 de xuño, o CIM de Bueu impartíu unhas charlas nos cursos de terceiro, destinadas a concienciar ao alumnado da importancia de colaborar nas tarefas da casa e a implicación de toda a familia nelas. Tamén debatimos sobre o rol de xénero, aínda tan arraigado na nosa sociedade e do que as próximas xeracións teñen que desprenderse.
TODOS SOMOS IGUAIS E TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS E AS MESMAS OBRIGAS!
O alumnado de 3ºB fixo un par de experimentos na clase:
OS ANIMAIS NA RADIO
Enviado por Ana Cabaleiro o Xov, 09/06/2022 - 08:24
O alumnado de 3ºA no segundo trimestre fixeron unhas presentacións dixitais sobre os animais. Durante este trimestre foron á radio a gravalas.
Escoitade o ben que o fixeron e o ben que o pasaron!
PROXECTO ACTIVIDADES PRODUTIVAS 3ºB
Enviado por Ana Cabaleiro o Lun, 06/06/2022 - 18:36
O derradeiro proxecto deste curso en ciencias sociais foi
AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS.
Traballamos técnicas de estudo, realizando esquemas e seleccionando a información máis relevante, como sempre a través de lecturas e vídeos.
Cada parella escolleu unha empresa galega, COREN, CITROEN, ADEGA AQUITANIA, ROSA DE LOS VIENTOS, CELULOSAS, FÁBRICA DE MOBLES GARCÍA LORENZO e ESTRELLA GALICIA entre outras. Indagaron sobre o número de traballadores e a súa ubicación. Traballamos o vocabulario novo de importación e exportación dos produtos elaborados. Varias parellas non atoparon a información en internet e chamaron por teléfono para facerlles unha pequena entrevista sobre os datos que lles faltaban. Todos resposderon moi amablemente as súas preguntas. Foi moi divertido para eles poñerse en contacto coa súa empresa.
Con toda a información recollida dos tres sectores, fixeron un power point, pero esta vez moito máis completo, así traballamos as TIC, tan importantes hoxe en día.
Este foi o resultado, cada vez o pasan mellor facendo estes traballos. Están super motivadxs!
PARABÉNS CRACKS!!
Esta semana hai varias parellas que voluntariamente queren ir a expoñer a outras aulas. É fantástico afianzar o aprendido e mostrar todo o que aprenderon. Parabéns porque o facedes moi moi ben!!
A ESCOLA PÚBLICA EN BUEU. CHARLA DE ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS
Enviado por Amalia Omil o Xov, 02/06/2022 - 20:04Este blog fíxose eco durante este curso de todas as actividades desenvolvidas arredor do 50 aniversario do nosos colexio.
Pero, como todo na vida, o mellor déixase para o final. Este martes, 31 de maio, O MESTRE DE MESTRES, Arturo Sánchez Cidrás, veu ao noso cole para transmitirnos o froito dunha rigorosa investigación sobre a escola pública en Bueu.
Esta investigación pronto verá a luz de forma gráfica grazas á publicación dun libro, do que amosamos imaxe da portada en primicia (co permiso do autor).
Estamos desexando poder lelo!
Imos tratar de facer un resumo da charla. Arturo contounos que antes de edificarse os colexios A Pedra de Bueu, Montemogos de Beluso e Torre de Cela, a nosa vila estaba chea de pequenas escolas, nas que adoitaban estar separados os nenos das nenas.
Explicounos, por exemplo, que non tiñan aseos e que se o alumnado tiña que facer a súas necesidades, ían de campo, aínda que as modernas xa poesían uns baños como os que está na foto.
Relatou que non tiñan cadernos porque o papel era moi caro, así que usaban pizarras na que se escribían cun pizarrín. Máis tarde empezouse a escribir en papel con lapis de carbón ou con tinta e tinteiros, para o que eran imprescindibles as plumas de ganso.
Arturo falounos da miseria na que se vivía e que, moitxs nenxs, non podían ir a escola porque tiñan que traballar. A maioría ían descalzos. As escolas estaban ateigadas de rapazada de todas idades. Nunha escola podía haber máis de 100 alumnxs, que eran atendixs por un só mestre ou mestra.
O profesorado estaba moi mal pagado, e as mulleres cobraban moito menos que os homes. A educación que recibían as nenas tamén era diferente á dos nenos.
Non había vacacións. Había escola todos os días, os domingos ían as persoas adultas. Co tempo empezouse a descansar os xoves pola tarde.
Fíxonos concienciar da sorte que temos de ter a escola que temos.
Non temos palabras para agradecerche Arturo que compartas os teus coñecementos con nós! E sobre todo que o fagas con tanta amabilidade.
Debes saber que medramos xuntos e moi ben Na Pedra grazas en gran parte a ti!
QUERÉMOSTE MOITO!
ENTREVISTA ELENA
Enviado por Ana Cabaleiro o Mér, 25/05/2022 - 15:35
Dentro do noso proxecto do 50 aniversario, seguimos coas entrevistas e hoxe foi a quenda da nosa compañeira Elena. Amiga, nai, mestra, directora e agora avoa, eso sí son títulos!
Un grupo de cinco nenxs fíxolle esta bonita e emotiva entrevista. Esperamos que vos guste!
Na aula puidemos coñecela un pouquiño mellor. Contounos que naceu en Montevideo, que estudou nun colexio de nenas con moitas compañeiras, que sempre foi unha nena moi inqueda que lle encantaba ler e aprender. Dende moi nena quixo ser mestra, e menuda mestra!
Como despedida deixounos un consello; estudar o que vos faga felices, porque ir traballar e ser feliz non ten prezo!
MIL GRAZAS, ESTA É A TÚA CASA!
Querémoste moito xa o sabes!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »