Normalización

RECITANDO A ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración. 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!

 

 

 

CORRELINGUA EN MOAÑA

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foi a Moaña a celebrar o CORRELINGUA, e reivindicar así o uso da lingua galega.

 

A xornada consistiu nunha xuntanza da meirande parte das escolas da comarca do Morrazo. Primeiramente, realizamos unha marcha dende a praia da Xunqueira ata o palco da música, onde lucimos os carteis coas palabras galegas que previamente preparamos nas aulas, mentres berrabamos o lema deste ano: NA CASA E NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

 

Cando chegamos, tomamos a merenda mentres os compis dos outros coles se ían colocando na explanada. E por fin chegou o momento máis esperado: o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, que nos cantaron, entre outras moitas, a xa coñecida canción de OSO DO COUREL.

 

 

No seguinte vídeo podedes ver as fotografías da excursión.

 

CHARLA SOBRE O UNIVERSO

O pasado luns tivemos a sorte de contar cun dos pais das nosas alumnas, o doutor Héctor Pereiro, que veu darnos unha charla sobre algúns aspectos relacionados co proxecto que estivemos traballando este curso: O UNIVERSO.

 

 

Aínda que a súa profesión non ten nada que ver co tema, é todo un fanático do espazo, e sabe moitísimas cousas!

Comezou explicándonos que cando era pequeno, o seu soño era ser astronauta. É por isto que con 17 anos foi de viaxe ao SPACE CAMP da NASA, toda unha experiencia que non dubidou en contar ao alumnado con tódolos detalles.

Ademais, aproveitou para salientar a figura de distintas mulleres astronautas que foron importantes ao longo da historia e que tamén o son na actualidade, coma Julie Payette, Cristina Koch ou Samantha Cristoforetti.

  

Por último, solventou algunhas cuestións que poden resultar confusas: que é a gravidade? como sae un foguete cara o espazo? de que están feitos os traxes de astronautas?

Aquí podedes ver o contenta que quedou Lola trala visita do seu pai!

25 DE NOVEMBRO – OBRADOIRO DE IGUALDADE

Esta semana recordamos a importancia do traballado en días anteriores, o 25 de novembro, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. É por isto que Uxía veu realizar co alumnado de 3º un obradoiro de igualdade.

 

Comezou explicándolles aos nenos e nenas algúns conceptos que lle resultaban confusos, coma “machismo”, “feminismo”, “igualdade”…

 

 

 

A continuación, interpretou dous contos: “A princesa rebelde” e “Maruxa”. A través deles rompeu con estereotipos machistas que habitualmente aparecen en moitos contos de princesas, e fixo evidente a importancia da repartición das tarefas do fogar entre tódolos membros da familia. Para isto contou coa colaboración dalgúns cativos que se meteron moi ben no papel.

 

Por último, ensinounos algúns xoguetes que son etiquetados “para nenos” ou “para nenas”, e fixo partícipe ao alumnado para desfacer todos estes pensamentos e que se deran conta de que os xoguetes son simplemente para calquer persoa. 

 

FELIZ SAMAÍN!

Esta semana celebramos na escola O SAMAÍN. O luns comezamos a traer as nosas cabazas relacionadas co plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO. Ademais, dende as titorías, estivemos traballando sobre SORTES que o alumnado coñecía para saber quen panda cando van xogar a algo. A partir de ahí, por equipos, inventaron a súa propia SORTE DE SAMAÍN.

    

O venres, comezamos a mañá baixando a ver a gran exposición de tódalas cabazas realizadas polas familias. Parabéns a todxs os que vos animastes, estades feitxs uns artistas! Tamén limos as SORTES DE SAMAÍN creadas por tódolos grupos do cole.

    

Xa nas aulas, aprendimos sobre a ORIXE DO SAMAÍN a través dunha presentación interactiva de GENIALLY, e dende ARTS confeccionamos unha SPIDERWEB feita de papel.

   

Nas fotos podedes ver o guapos e guapos que estabamos, agardamos que tremades de MEDO!!!

24 OUTUBRO – CAZA DO TESOURO POLO ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

 

O pasado luns celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, día no que celebramos tamén O ANIVERSARIO DE PAPIRUS, a mascota do noso cole.

Con tal motivo, e aproveitando o proxecto anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO, esta semana o alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha CAZA DO TESOURO na biblioteca, que deseguido vos explicamos.

      

Os equipos de traballo distribuíronse polo espazo. Cada equipo tivo que resolver 5 probas: sopas de letras, labirintos, enigmas, 7 erros e agudeza visual. Con cada proba realizada correctamente, gañaban unha palabra, e con todas esas palabras formaban unha pista para atopar unha chave agochada nun dos libros da biblio!

     

Non foi tarefa fácil, xa que temos moitos libros… Ademais, cada equipo atopou unha chave, pero non todas abrían o ARMARIO SEGREDO.

Cando conseguiron abrilo, atoparon 3 CAIXAS MÁXICAS, que gardaban no interior 3 fantásticos premios. Pero había outro problema… tampouco era nada doado abrir aquelas caixas, e só tiñan un minuto e medio!

      

Finalmente, foron quen de abrir algunha delas, e obtiveron a súa recompensa: MÁIS TEMPO DE PATIO!!! Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron con este xogo.

 

 

 

18 DE OUTUBRO - DÍA DAS ESCRITORAS

O 18 de outubro celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS. Con tal motivo, esta semana acudimos á biblioteca para realizar unha actividade sobre este tema.

Previamente preparamos unha selección de libros infantís escritos por mulleres, que foron expostos nun lugar visible, tal como vedes nas fotografías. Unha vez feito isto podíamos poñernos mans á obra!

   

O alumnado repartiuse en equipos de traballo polos recunchos da biblioteca para levar a cabo unha FICHA DE INVESTIGACIÓN. O primeiro que tiveron que facer foi escoller 3 dos libros expostos. Despois cubriron algúns datos importantes sobre os mesmos, coma o nome da autora, o título, a editorial…

     

Por último, reproduciron o “tejuelo”, a etiqueta de catalogación que nos indica onde colocar cada exemplar e o máis importante, para que idades está indicado, para así saber cales son os recomendados para os distintos cursos.

HOXE TIVEMOS ENTREGA DE PREMIOS!!!

E COMO IMOS DE FESTA EN FESTA...

HOXE TOCOU ENTREGA DE PREMIOS!!!

Hoxe, antes do recreo, xs profes xuntáronnos a todxs no patio cuberto dxs maiores para facer entrega de premios dxs gañadores do

 CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS:

“QUE SABES DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN?

E como nós participamos na presentación de respostas de todas as preguntas, tivemos a fortuna de que catro compañeiras de 1º resultaron premiadas!!!

Iria e Lucía, de 1º A

e Laura e Claudia, de 1º B!!

 

PARABÉNS, RAPAZAS!!!!

O ANO QUE VÉN, VOLVEREMOS PARTICIPAR!!!

 

EVA MEJUTO VISÍTANOS NO BIBLIOCASTELO

 

EVA MEJUTO VISITOUNOS NO BIBLIOCASTELO

Este luns por fin recibimos  a ansiada visita de Eva Mejuto ao noso Bibliocastelo!

Foi un pracer coñecela e compartir con ela un anaco no que nos contou un importante segredo!!

Nós falámoslle do traballo de investigación que levamos a cabo grazas a elas e Eva explicounos que ten en mans un novo proxecto!!! Tamén de personaxes que viaxan, como as Gatiñas; pero, como aínda non ten todas as ideas moi claras, pediunos que a aconsellásemos sobre as diferentes posibilidades entre as cales escoller protagonistas, lugares de destino... e, bueno... ideas ocorréronsenos... a moreas!!!!! Non sabemos con cales decidirá quedar; pero... falar, falamos dunha chea delas!!!

Despois, foi moi moi moi amable e asinounos os libros todos, un por un!!!

FOI MOI SIMPÁTICA, MOI PACIENTE E MOI AMABLE!!!!

Agardamos que volva pronto!!! O seu libro das gatiñas encantounos!! Descubrimos con elas un montón de lugares fermosísimos que non coñeciamos!!!

MOITAS GRAZAS, EVA , POLA TÚA PACIENCIA E SIMPATÍA!!! ENCANTOUNOS COÑECERTE!!!

Distribuir contido