Normalización
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 17:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
CORRELINGUA EN MOAÑA
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 25/05/2023 - 15:53Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foi a Moaña a celebrar o CORRELINGUA, e reivindicar así o uso da lingua galega.
A xornada consistiu nunha xuntanza da meirande parte das escolas da comarca do Morrazo. Primeiramente, realizamos unha marcha dende a praia da Xunqueira ata o palco da música, onde lucimos os carteis coas palabras galegas que previamente preparamos nas aulas, mentres berrabamos o lema deste ano: NA CASA E NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!
Cando chegamos, tomamos a merenda mentres os compis dos outros coles se ían colocando na explanada. E por fin chegou o momento máis esperado: o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, que nos cantaron, entre outras moitas, a xa coñecida canción de OSO DO COUREL.
No seguinte vídeo podedes ver as fotografías da excursión.
CHARLA SOBRE O UNIVERSO
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 20/12/2022 - 18:01O pasado luns tivemos a sorte de contar cun dos pais das nosas alumnas, o doutor Héctor Pereiro, que veu darnos unha charla sobre algúns aspectos relacionados co proxecto que estivemos traballando este curso: O UNIVERSO.
Aínda que a súa profesión non ten nada que ver co tema, é todo un fanático do espazo, e sabe moitísimas cousas!
Comezou explicándonos que cando era pequeno, o seu soño era ser astronauta. É por isto que con 17 anos foi de viaxe ao SPACE CAMP da NASA, toda unha experiencia que non dubidou en contar ao alumnado con tódolos detalles.
Ademais, aproveitou para salientar a figura de distintas mulleres astronautas que foron importantes ao longo da historia e que tamén o son na actualidade, coma Julie Payette, Cristina Koch ou Samantha Cristoforetti.
Por último, solventou algunhas cuestións que poden resultar confusas: que é a gravidade? como sae un foguete cara o espazo? de que están feitos os traxes de astronautas?
Aquí podedes ver o contenta que quedou Lola trala visita do seu pai!
FELIZ SAMAÍN!
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 31/10/2022 - 13:08Esta semana celebramos na escola O SAMAÍN. O luns comezamos a traer as nosas cabazas relacionadas co plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO. Ademais, dende as titorías, estivemos traballando sobre SORTES que o alumnado coñecía para saber quen panda cando van xogar a algo. A partir de ahí, por equipos, inventaron a súa propia SORTE DE SAMAÍN.
O venres, comezamos a mañá baixando a ver a gran exposición de tódalas cabazas realizadas polas familias. Parabéns a todxs os que vos animastes, estades feitxs uns artistas! Tamén limos as SORTES DE SAMAÍN creadas por tódolos grupos do cole.
Xa nas aulas, aprendimos sobre a ORIXE DO SAMAÍN a través dunha presentación interactiva de GENIALLY, e dende ARTS confeccionamos unha SPIDERWEB feita de papel.
Nas fotos podedes ver o guapos e guapos que estabamos, agardamos que tremades de MEDO!!!
HOXE TIVEMOS ENTREGA DE PREMIOS!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 21/06/2022 - 00:49E COMO IMOS DE FESTA EN FESTA...
HOXE TOCOU ENTREGA DE PREMIOS!!!
Hoxe, antes do recreo, xs profes xuntáronnos a todxs no patio cuberto dxs maiores para facer entrega de premios dxs gañadores do
CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS:
“QUE SABES DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN?
E como nós participamos na presentación de respostas de todas as preguntas, tivemos a fortuna de que catro compañeiras de 1º resultaron premiadas!!!
Iria e Lucía, de 1º A
e Laura e Claudia, de 1º B!!
PARABÉNS, RAPAZAS!!!!
O ANO QUE VÉN, VOLVEREMOS PARTICIPAR!!!
OBRADOIROS DE IGUALDADE PROMOVIDOS POLO CIM DO CONCELLO DE BUEU
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 09/06/2022 - 23:05A CIENCIA DO TRABALLO DOMÉSTICO
En relación coa escola, co que se lles ensinaba antigamente ás rapazas e á falta de importancia que se lle deu sempre ao labor que as mulleres desenvolvían nas casas, este venres, día 10, fixemos un obradoiro organizado polo CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER do CONCELLO DE BUEU.
A actividade foi impartida por Mila e por Patri, da Cooperativa de Traballo Asociado LILANDEIRAS.
E con elas descubrimos cuestións que non podiamos imaxinar!
Demostráronnos que as tarefas do fogar teñen moito que ver coa ciencia!
Por exemplo, que o xabón que elimina as manchas da roupa faino en bases ás leis da física ( usando as cargas eléctricas); que cando cociñamos, interveñen procesos químicos e físicos; ou que saber repartir ben os cartos para atender as necesidades que temos ao longo de todo o mes (pagar os recibos da luz e da auga, mercar comida, produtos de hixiene...) hai que usar moito as matemáticas!
Tamén nos falaron de grandes inventos que facilitaron a vida doméstica que foron credos por mulleres que descoñeciamos por completo!! Algúns tan importantes como a neveira!!
Faláronnos dunha nena de 10 anos que inventou un quentador de auga para unha casa usando materiais reciclados!!
Ademais, en 1° B e en 2º, Patri tamén fixo experimentos!
Quen dixo que a ciencia e a tecnoloxía tiñan algo que ver co xénero?!
MOITAS GRAZAS, PATRI E MILA!!
APRENDEMOS A CIRCULAR CO PROFE JOSÉ ÁNGEL E A PROFE GORETTI!!
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 09/06/2022 - 23:05APRENDEMOS A CIRCULAR
CO PROFE JOSÉ ÁNGEL E A PROFE GORETTI!!
Vaia revolución houbo hoxe no patio do cole!!
Xs profes pedíronnos que trouxésemos os patinetes e mais os cascos da casa e o profe José Ángel e máis a profe Goretti montáronnos un circuíto de Educación Viaria no patio do colexio para ensinarnos a circular cando vaiamos co noso patinete ou coa nosa bici polas rúas de verdade!!
Aprendemos o significado dalgúns sinais de tráfico, a estender a man esquerda ou dereita para indicar se imos virar cara un lado, como se puxésemos o intermitente, e advertir así a os vehículos que puidesen ir detrás de nós.; a diferenciar un “CEDA O PASO” dun “STOP”; a para nos pasos de peóns e nos semáforos...
PERO, SOBRE TODO, PASAMOS UNHA XORNADA DIVERTIDÍSIMA!!!
QUE BEN O PASAMOS!!!!!!
MOITAS GRAZAS,
JOSÉ ÁNGEL E GORETTI!!!
REMATOU MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS!
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 03/06/2022 - 23:05Dedicamos todo o mes a coñecer quen foi, como viviu e que escribiu o autor homenaxeado o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.
Investigamos na aula sobre a súa vida, fixemos actividades, vimos vídeos; lemos poemas, un dos cales recitamos no acto de celebración que festexamos no patio con todas as clases; fixemos debuxos para a elaboración do mural do recibidor do cole e participamos no concurso
“QUE SABES DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN?”
E fixémolo moi ben!, porque cada semana respondemos acertadamente a pregunta que aparecía na entrada da escola e fixádevos nos resultados dxs gañadorxs:
1ª PREGUNTA: “”Quen será homenaxeadx este ano o Día das Letras Galegas?”
Gañadora: Laura Vilas Chantada, 1º B.
2ª PREGUNTA: “ Cando e onde naceu Florencio Manuel Delgado Gurriarán?”
Gañadora: Iria Malvido Piñeiro, 1º A.
3ª PREGUNTA: “Escribe o título de dous librosescritos por Florencio Manuel Delgado Gurriarán.”
Gañadora: Lucía Fiel Sequeiros, 1º A.
4ª PREGUNTA: “Como se chamaba o barco no que marchou para México?”
Gañadora: Claudia Vidal Cabanelas, 1º B.
Encantounos participar en todas estas actividades, coas que aprendemos canto amaba a nosa terra e a nosa lingua este escritor que, tristemente, tivo que pasa a maior parte da súa vida lonxe de Galicia.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 24/04/2022 - 21:35CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO
CON ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN!!!
E como colofón a un día do máis intenso, tivemos a fortuna de gozar da sabedoría popular da nosa tradición oral da man de Anxo González Guerra.
Que delicia, poder escoitar dunha voz tan tenra e amable as historias antigamente se contaban nas casas a carón da lareira!!
Contounos tres fermosos contos nos que os seus personaxes vivían acontecementos da vida cotiá que transmitían con claridade importantes reflexións que perfectamente nos valen hoxe en día:
· O valor da independencia que nos dá a lectura, que nos permite buscar información cando o necesitemos.
· A importancia dicir a verdade cando se conta algo e non crear falsas noticias.
· O valor de cumprir a palabra dada, porque para relacionarnos con outras persoas é necesario que confíen en nós.
QUE SORTE, TER UN AVÓ QUE CONTA HISTORIAS TAN SABIAS, CON TANTA MESTRÍA E DELICADEZA QUE RESULTAN DOADAS DE COMPRENDER!!
QUE SORTE TEMOS!!!!
Ah!! Admais, agasallounos cunha tarxeta do “LUAR” (o programa da TVG dos venres pola noite) dedicada!!! E díxonos que o venres da semana que vén, cando vaia contar contos ao programa, vaille dicir a GALLOSO, o presentador, que envíe un saúdo para a rapazada do colexio da Pedra!!!
MOITAS GRAZAS, DE CORAZÓN,
FOI UN ENORME PRACER CELEBRAR ASÍ O DÍA MUNDIAL DO LIBRO!!
COÑECEMOS A MARTIÑO, O CORVO MARIÑO E O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Macu Rodríguez o Sáb, 26/03/2022 - 00:00
COÑECEMOS A MARTIÑO, O CORVO MARIÑO,
E A SÚA CASA, O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Este mércores recibimos unha visita interesantísima!! Veu Ana, unha bióloga do Parque Nacional das Illas Atlánticas para presentarnos a Martiño e contarnos a súa historia!!
Ademais, tamén fixemos varios xogos e puidemos aprender unha morea de cousas que non sabiamos!!!
MARTIÑO É UN CORVO MARIÑO, denomínase así porque no mar atopa o seu alimento e na auga pasa voa parte do seu tempo. Cando lle apetece pousarse na terra faino, sobre todo nas rochas dos cantís.
O seu fogar teno nos acantilados do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que está formado por varias illas; exactamente, o arquipélagosdas Illas Cíes, o arquipélago das Illas Ons e a Illa de Sálvora.
Alí viven tamén, xs amigxs de Martiño, outras especies animais e vexetais, que é necesario coidar.
Ana e mais xs sxs compañeirxs encárganse da súa protección e de informar a todas as persoas que visitan as Illas do importante que é que respecten o hábitat destes seres vivos.
MOITAS GRAZAS, ANA!!! ENCANTOUNOS APRENDER CONTIGO!!!