blogue deAinhoa Suarez
SAMAÍN
Enviado por Ainhoa Suarez o Dom, 17/11/2024 - 16:21O pasado 30 de outubro celebramos o Samaín facendo os obradoiros que xa son tradición na nosa escola.
O alumnado foi rotando polas distintas actividades, que neste caso foron:
- Trick or Treat: no cal aprendemos moito vocabulario sobre Halloween a través de distintos xogos.
- Manualidade de Samaín: onde fixemos unha bonita coroa de caveiras e flores, inspirada no Día dos Mortos de México.
- Move o esquelete!: aquí tocounos facer algo de exercicio mediante algunhas dinámicas relacionadas con personaxes de terror.
- Contacontos de Samaín: realizado polo alumnado de 5º na biblioteca do centro.
A continuación podedes ver o vídeo coas fotografías deste divertido día.
DÍGOCHO EU NO SAMAÍN!!!
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 04/11/2024 - 16:26Como sabedes, o pasado mércores 30 de novembro celebramos o Samaín na nosa escola.
Unha das actividades que levamos a cabo foi o obradoiro do DÍGOCHO EU, no que o alumnado de primeiro ciclo signou palabras relacionadas co Samaín e co outono, grazas á axuda de Rosa, a intérprete do centro.
No seguinte vídeo podedes ver o ben que o fixeron!!!
PONTE A ZERO
Enviado por Ainhoa Suarez o Sáb, 26/10/2024 - 12:51Como cada curso, está semana contamos coa visita de Antón, do programa Ponte a Zero. Neste caso realizou o obradoiro de QUE FACEMOS COS RESIDUOS en 3°EP, e QUEN VIVE AÍ? en 4°.
No primeiro, aprendemos o camiño que nos levou a reciclar e sobre todo, a producir a menor cantidade de residuos posible.
No segundo, acudimos ao composteiro do cole para descubrir todos os microorganismos que viven alí e que descoñecíamos!
REUNIÓN INICIO DE CURSO
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 17/09/2024 - 17:48Podedes ver a presentación da reunión de familias a continuación:
DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 20/06/2024 - 09:07O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO.
PROXECTO OS RÍOS
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 22/03/2024 - 11:00Este trimestre o alumnado de 4º estivo traballando no PROXECTO OS RÍOS.
Como produto final, realizaron unha presentación que recollía a información indagada ao longo destes meses. Unha vez exposta aos seus compañeiros e compañeiras, foron á radio a gravala e así compartila con todo o mundo.
Agardamos que vos guste!!
RECITANDO A ROSALÍA
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 04/03/2024 - 09:07Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración.
Agardamos que vos guste o resultado!!
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 17:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
FESTIVAL DE NADAL 2023
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 27/12/2023 - 14:34Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.
Agardamos que vos guste!!!
PANXOLIÑA EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 21/12/2023 - 09:12Ao longo destes últimos días de clase, a nosa intérprete, Rosa, gravou un videoclip en LSE co alumnado de 4º. Estou segura de que coñecedes esta divertida panxoliña... "Volver a casa por Nadal".
Agardamos que vos guste o resultado!!