blogue deAinhoa Suarez
DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 26/03/2021 - 09:51O 23 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA. Aproveitando que no noso centro contamos coa nosa propia estación meteorolóxica, grazas ao programa METEOESCOLAS, o alumnado de 4ºA elaborou o seu propio libro de aula con palabras galegas relacionadas co tempo.
Agardamos que vos guste!
PROXECTO "A PREHISTORIA E AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS"
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 25/03/2021 - 12:39Este trimestre nas aulas de 4º estivemos traballando no proxecto A PREHISTORIA E AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS.
Comezamos indagando sobre a PREHISTORIA para construir entre todos unha LIÑA DO TEMPO coas características do PALEOLÍTICO, NEOLÍTICO e IDADE DOS METAIS.
Tamén relacionamos o proxecto coa área de PLÁSTICA, levando a cabo a nosa propia PINTURA RUPESTRE.
Unha vez rematada a parte da PREHISTORIA, adentrámonos na IDADE ANTIGA, onde cada equipo se centrou en buscar información sobre as distintas CIVILIZACIÓNS.
Como produto final de todo este proxecto, os equipos de traballo de aula expuxeron as características das CIVILIZACIÓNS ANTIGAS.
4ºA
4ºB
24 F - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 01/03/2021 - 17:54A pasada semana celebramos o día de Rosalía de Castro. Para isto, o grupo de 4ºA buscou nos ordenadores versos de poemas galegos de Rosalía, que despois escribiron en rosas feitas con papiroflexia.
Finalmente, colocaron as súas rosas en distintos lugares do Concello de Bueu o día 24 de febreiro, para que os veciños e veciñas que as toparan puidesen ler uns versos desta autora neste día tan sinalado para os galegos e galegas.
Podedes ver as súas producións no vídeo do link
https://drive.google.com/file/d/1uaHt_uV0-Xrb31ObavH4IzAkkhu78N4h/view?u...
Ademais, dende a área de plástica coloreamos retratos de Rosalía con colores ben vivos, simulando a técnica do POP ART do artista Andy Wahrol.
METEOESCOLAS - 4º
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 19/02/2021 - 09:22Ao longo destas dúas semanas, os nenos e nenas de 4º estivemos tomando nota sobre a evolución do tempo en Bueu, na nosa estación meteorolóxica. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.
11 F - Día da muller e da nena na Ciencia
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 18/02/2021 - 20:29A pasada semana, o alumnado de 4º estivo a traballar sobre a biografía de distintas mulleres que foron relevantes no ámbito científico. Comezamos facendo un xogo de tarxetas, para despois contar toda a información a través de exposicións en equipos cooperativos, que podedes ver no link
https://drive.google.com/file/d/1ka2IA-rk14HF3D-JgR8wkuWWuo1cranR/view?u...
Ademais, dende Valores, traballamos tamén o tema, facendo unha composición de debuxos de mulleres científicas importantes, xunto cos feitos que descubriron.
Por último, con todaa esta información, elaboramos un mural na nosa bibliocastelo, que podedes ver no blogue da biblioteca
http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/search/label/11%20de%20febreiro
BO NADAL!
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 22/12/2020 - 12:34O alumnado de 4ºA desexa que todos e todas pasedes un BO NADAL e unhas FELICES FESTAS!
OBRADOIRO DE COCIÑA CREATIVA EN 4º
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 22/12/2020 - 11:50Hoxe, o alumnado de 4ºA desfrutou creando estes deliciosos platos, que despois degustaron como merenda.
PROXECTO AS PLANTAS 4º
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 07/12/2020 - 21:51Nestre trimestre estivemos a traballar sobre o PROXECTO DAS PLANTAS, especialmente sobre aquelas que podemos atopar na nosa contorna.
PLANTACIÓN DE SEMENTES
SAÍDA DIDÁCTICA CON CADERNO DE CAMPO
MES DA CIENCIA EN GALEGO - EXPERIMENTOS EN 4º
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 27/11/2020 - 10:00Neste mes o alumnado está a traballar sobre os experimentos. Introducimos o tema co experimento do CLAVEL DE COR, para o cal precisamos: un clavel, dous recipientes e colorante.
Despois foi o alumnado o que realizou os seus experimentos por equipos cooperativos de traballo.
LÁMPADA DE LAVA (VERSIÓN NORMAL E VERSIÓN FLUORESCENTE):
Auga
Aceite
Purpurina
Pílula efervescente
Colorantes
(Para a fluorescente engadiuse pintura flúor)
Preme nos links para ver o vídeo do traballo do equipo:
https://drive.google.com/file/d/1M-Ss45cAJhFszO227BtGckJmdSSYZcoP/view?u...
https://drive.google.com/file/d/1wKjEpu-u2Au4sfIvzSqEugjvufQIVVK5/view?u...
Preme no link para ver o vídeo do experimento en youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=o6r1s7rbMVI
SERVILLETAS DE COR:
3 vasos con auga
Pintura de cor
Panos de papel
Preme no link para ver o vídeo do experimento en youtube:
ERUPCIÓN VOLCÁNICA:
Caramelo mentos
Cocacola
Preme no link para ver o vídeo:
https://drive.google.com/file/d/13MCo3rv9OtULO7J99roAe3qbzTlAg_iC/view?u...
CREAMOS NEVE:
Auga
Recipientes
Tesoiras
Pañais
FACEMOS SLIME:
Líquido de lentes
Recipiente
Culler
Bicarbonato
Cola
Preme no link para ver o vídeo:
https://drive.google.com/file/d/12ZwUekeTwz3gLpvaCx0gisjBTZwl4VLt/view?u...
PEMENTA CON FAIRY
Pementa
Fairy
Recipiente con auga
Preme no link para ver o vídeo:
https://drive.google.com/file/d/12h0xu0X9GPHNjv0DAm2zvok1IkzM310q/view?u...
ESCUMA MÁXICA:
Fairy
Vinagre
Bicarbonato
Preme no link para ver o vídeo:
https://drive.google.com/file/d/12fZ7t6_U-hzFqpdRMPYqZ7GhjEmIDn6f/view?u...
ERUPCIÓN VOLCÁNCA:
Vinagre
Bicarbonato
Colorante
Volcán
Preme no link para ver o vídeo:
https://drive.google.com/file/d/13MoaikE50yq0VStAdY-aTeTTobNsUB5t/view?u...
GUSANOS SALTARÍNS:
Gusanos gominola
Bicarbonato
Auga
Vinagre
Dous recipientes
Un tenedor
Preme no link para ver o vídeo:
https://drive.google.com/file/d/13KF511Roq3bl2gs-kX3NPvpwSEKd8d94/view?u...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5