blogue deAinhoa Suarez

DÍA DA METEOROLOXÍA

O pasado 23 de marzo celebrouse o DÍA DA METEOROLOXÍA. Este tema non é novo para nós, xa que o noso cole participa no programa METEOESCOLAS. Por iso cando nos toca, imos medir á nosa caseta meteorolóxica a temperatura, as precipitacións, a humidade... un montón de datos que nos axudan a saber como foi o tempo o día anterior.

É por isto, que dende VALORES decidimos conmemorar este día construindo un MEMORY con palabras relacionadas co tempo en galego. Primeiro o alumnado agrupouse en parellas, repartimos tarxetas en blanco, e cada parella plasmou nas mesmas unha destas palabras, acompañándoas dun bonito debuxo. 

Agardamos que vos guste!

 

2 DE FEBREIRO - DÍA DA CANDELORIA

Tras pasar o día da paz, chega o 2 de febreiro "Día da Candeloria", unha tradición galega que da comezo a este mes coa celebración co casamento dos paxariños.

Isto quere dicir que comeza o retorno das aves migratorias e que ademais estamos xusto na metade do inverno, empezan a medrar os días... e comezamos tamén a pensar na ansiada primavera "Pola Candeloria, medio inverno vai fóra".

Co gallo desta celebración, os nenos e nenas de 2º personalizamos uns marcapáxinas cheos de plumiñas de paxaros, que despois plastificamos para conservar mellor. Agardamos que vos gusten!

 

30 DE XANEIRO - DÍA DA PAZ

Onte foi o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, por iso nós conmemorámolo o pasado venres na nosa escola.

Ao longo da semana estivemos aprendendo as cancións RUMBA DAS APERTAS de Magín Blanco e IMAGINE de John Lennon para poder cantalas todxs xuntxs. Ademais cada aula estivo representada por un símbolo e un lema de paz, que recitamos neste día, e que tamén aprendemos a dicir en LINGUA DE SIGNOS. Tamén decoramos e escribimos o lema para decorar un mural colectivo que está na entrada da escola. Estes son os nosos lemas:

MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO...

    "aprendemos a xogar xuntos"

    "axudamos aos demais"

    "nos apoiamos os uns aos outrxs"

 

Outra das actividades que fixemos foi construir POMBAS DE PAPIROFLEXIA.

Nas fotografías podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º nesta celebración, na que por primeira vez no curso conseguimos xuntar a todo o alumnado e profesorado de primaria do centro.

Agardamos que vos gusten!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí o alumnado de 2ºB prestando, en lingua de signos, a súa AXUDA a quen a necesite.

Neste vídeo podemos ver a alumnado de 2ºA cantando o retrouso da cantiga "A RUMBA DAS APERTAS" tamén o fan en lingua de signos. Tedes que premer na imaxe para ver o vídeo.

 

NOVEMBRO - MES DA CIENCIA EN GALEGO

Nestas datas, estamos a celebrar na escola o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Con tal motivo, visitamos o LABORATORIO para facer unha experiencia sobre OS SENTIDOS, un tema que ademais formaba parte no noso proxecto de ciencias "COIDÁMONOS E COIDAMOS". 

 

Nas seguintes fotos podedes observar o ben que o pasaron experiementando!

 

Por outra banda, recibimos a visita de Cris, exalumna do centro e alumna de prácticas 1º curso de primaria. Cris, antes de estudar para mestra realizou estudos de  hixiene bucodental, e veunos contar cómo debemos coidar os nosos dentes, falounos das enfermidades ocasionadas por unha mala hixiene e lembrounos da importancia de acudir ao DENTISTA, cando menos, unha vez ao ano.

20 DE NOVEMBRO - DÍA DOS DEREITOS DXS NENXS

O 20 de novembro celébrase o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA.

Con tal motivo, e aproveitando a temática do noso proxecto de

ciencias "COIDÁMONOS E COIDAMOS", o alumnado elaborou

cadanseu libro de dereitos.

 

Primeiro tiveron que seleccionar e recortar os dereitos correctos, xa

que había algúns "trampa", e despois pegáronos en folios

de distintas cores. Finalmente compilamos todo e engadimos unha

bonita portada.

 

Agardamos que vos guste o resultado!

 

 

Por último, dende VALORES, construimos entre tdoxs o TREN DOS DEREITOS DA INFANCIA.

24 DE OUTUBRO - ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

O pasado 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares, que ao mesmo tempo é o día do aniversario da nosa mascota de biblio: O POLBIÑO PAPIRUS! Por este motivo, elaboramos uns marcapáxinas personalizados, onde incluimos agasallos e felicitacións para el.

PARABÉNS PAPIRUS!!!

 

 

SAMAÍN

Esta semana estivemos celebrando o SAMAÍN no noso centro. O alumnado foi traendo as cabazas que personalizaron coa axuda das familias. A temática deste curso é o aniversario da escola "50 ANOS MEDRANDO XUNTOS". Non era nada fácil, pero fixérono xenial! Podedes ver o resultado nestas terroríficas fotografías.

 

  

 

 

ERUPCIÓN VOLCÁNICA!

Despois da erupción do volcán CUMBRE VIEJA da illa da Palma, o alumnado de 2ºC estivemos traballando sobre o tema na aula. Unha vez coñecimos as partes dun volcán, construimos a nosa propia MAQUETA, e finalmente fixemos unha ERUPCIÓN VOLCÁNICA mesturando bicarbonato, colorante e vinagre.

Agardamos que vos guste!

 

Na clase de 2º A tamén creamos a maqueta do volcán de Cumbre Vieja e intentamos reproducir a Paisaxe da illa de La Palma para logo experimentar a explosión do volcán cos ingredientes mencionados. Se premedes na seguinte imaxe podedes observar a emoción do alumnado.

O alumnado de 2ºB tamén construiu un volcán e para iso empregou un molde e escaiola. Despois decorárono con témperas e plastilina ata que conseguiron facer unha illa. Finalmente fixérono estoupar cos mesmos ingredientes que os outros cursos. Aínda que a erupción non foi moi grande, valeunos para aprender máis sobre os volcáns. Premede na imaxe para ver todo o proceso!

 

 

PROXECTO A AUGA

Neste trimestre estivemos traballando sobre A AUGA NA TERRA. Para isto, cada un dos nenos e nenas foi elaborando o seu propio LIBRO DE LAPELAS, onde plasmaron toda a información recopilada mediante vídeos, libros, lecturas, esquemas... O resultado quedoulles ben vistoso!

 

O MAIO DE 4º

Para conmemorar a entrada do mes de maio, o alumnado de 4º recolectou plantas e flores para construir entre todos e todas O NOSO MAIO. 

Ademais, compuxemos unha copla para acompañar á nosa particular produción. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O RESULTADO!

 

 COPLA DO MAIO 

Chega a primavera

E facemos maios

No colexio A PEDRA

Os nenos de  4º

 

Os nenos de 4º

Trouxeron fiuncho

Colectaron plantas

En cada recuncho

 

 En cada recuncho

Cantando e bailando

A pesar do virus

BUEU FESTEXANDO!

 

 Bueu festexando

En plena pandemia

Os rumores chegan

De Beluso a Cela

 

De Beluso a Cela

Que ben o pasamos

Facendo as alfombras

E non confinados!

 

E non confinados

Xa nos despedimos

Co final da copla

TENDE SENTIDIÑO!

 

Distribuir contido