blogue deDirección do Centro
TAREFAS E ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 11/05/2020 - 9:47amPROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ALUMNADO CON TDAH
Habilidades sociais para nenas e nenos
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA REFORZO DAS DIFICULTADES DERIVADAS DA DISLEXIA.
Proposta do departamento de orientación para o alumnado
Consellos a ter en conta durante o periodo de permanencia na casa
Pautas para traballar a dislalia /rr/
Pautas para traballar a dislalia /s/
Pautas para traballar a dislalia /z,c/
Enlaces, webs e blogs de axuda psicolóxica:
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
-Consejo General de la Psicología. España
-Servicio Psicología Aplicada. UNED
Pautas alumnado con TEA:
Aprendices visuales: Contos con pictogramas
4º EI |
5º EI |
6º EI Proposta de actividades As tarefas están no blogue de aula |
|
1º A EP Mestre: José Luis Durante esta semana, por un problema técnico, o alumnado de 1º A deberá facer as mesmas actividades que se propoñen para 1º C |
1º B EP Mestra: Vanessa correo de contacto: |
1º C EP Mestra: Irene AVISO: As actividades non son as mesmas, hai novas páxinas de cada colección.
|
2º A EP Mestra: Ana Kattherina |
2º B EP Mestra: Mercedes |
2º C EP Mestre: Paco
|
3º A EP Mestra: Aida |
3º B EP Mestra: Estefanía |
3º C EP Mestra: Natalia |
|
||
4º A EP Mestra: Inmaculada |
4º B EP Mestra: Mª José |
4º C EP Mestra: Carmela |
As tarefas están no blogue de aula |
5º e 6º EP
|
O alumnado ten tarefas no EVA EDIXGAL. Sigan as indicacións dos titores e do profesorado especialista para a realización e a entrega das tarefas. ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÏSICA
|
REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 06/05/2020 - 5:37pm
Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.
Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.
4. Publicación.
Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución tamén se publicará na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e procurarase a súa máxima difusión entre todos os centros educativos afectados polo proceso.
Prema para consultar a Resolución da Consellería de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica, pola que se da publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia(CECOP), que regula, entre outros, os novos prazos de preinscrición e matrícula nos centros educativos (pax. 19132 a 19139).
LIBROS DE MÚSICA DE 2º
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 06/05/2020 - 5:08pmOs libros de música foron levados a correos de Bertamiráns o día 28 de abril. Están chegando avisos de algunhas familias de que aínda non o recibiron; foron 150 envíos, só de libros de música, por favor, teñan un pouco de paciencia, o servizo de correos está saturado e está facendo as entregas con máis atraso do desexado, todo motivado por estas circunstancias excepcionais.
Grazas pola súa comprensión
A Directora
ESTAMOS CONTIGO
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 05/05/2020 - 10:08amDende o Concello de Ames deféndese a necesidade de ir adiantándose ás demandas que require esta situación excepcional que estamos a vivir e poder dar así resposta inmediata á veciñanza amesá.
Nese sentido, estívose traballando nos últimos días na posta en funcionamento destas dúas liñas 900 de servizos sociais, para facilitar a comunicación dos usuarios e usuarias deste servizo para pedir citas, facer consultas ou clarexar dúbidas. Os número habilitados son o 900 101 569 para Bertamiráns
Entre as medidas e axudas ofertadas está a de 25 e-bonos de 60GB para as familias con menos recursos, co ánimo de favorecer así o acceso a internet neste momento de confinamento. Esta medida está enfocada, sobre todo, a que os nenos e nenas poidan continuar co curso escolar dende a casa. Así como o servizo de fotocopiado.
TAREFAS E ACTIVIDADES DO 4 AO 8 DE MAIO
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 04/05/2020 - 11:06amPROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ALUMNADO CON TDAH
Habilidades sociais para nenas e nenos
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA REFORZO DAS DIFICULTADES DERIVADAS DA DISLEXIA.
Enlaces, webs e blogs de axuda psicolóxica:
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
-Consejo General de la Psicología. España
-Servicio Psicología Aplicada. UNED
Pautas alumnado con TEA:
Aprendices visuales: Contos con pictogramas
4º EI
|
5º EI |
6º EI Proposta de actividades As tarefas están no blogue de aula |
|
1º A EP Mestre: José Luis |
1º B EP Mestra: Vanessa correo de contacto: |
1º C EP Mestra: Irene AVISO: As actividades non son as mesmas, hai novas páxinas de cada colección.
|
2º A EP Mestra: Ana Kattherina |
2º B EP Mestra: Mercedes |
2º C EP Mestre: Paco
|
3º A EP Mestra: Aida |
3º B EP Mestra: Estefanía |
3º C EP Mestra: Natalia |
Proposta para os 3 grupos
|
||
4º A EP Mestra: Inmaculada |
4º B EP Mestra: Mª José |
4º C EP Mestra: Carmela |
As tarefas están no blogue de aula |
5º e 6º EP |
|
|
O alumnado ten tarefas no EVA EDIXGAL. Sigan as indicacións dos titores e do profesorado especialista para a realización e a entrega das tarefas. |
NOVAS MEDIDAS PARA SAÍDAS E PASEOS DENDE O 2 DE MAIO
Enviado por Dirección do Centro o Sáb, 02/05/2020 - 8:36amDeixamos aquí para que poidades consultar o BOE no que se establecen as novas medidas así como o cartel informativo.
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Sáb, 02/05/2020 - 8:26am
Estimadas familias de 1º de Educación Primaria,
Cas circunstancias que todos/as estamos a vivir, e preciso organizar as actividades que os diferentes titores/as estamos a realizar dende hai unhas semanas ata o remate do curso académico.
Debemos seguir as directrices marcadas polas Instrucións do 27 de Abril de 2020 da Consellería de Educación, en onde matiza que as tarefas serán de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores, levadas a cabo no 1º e 2º trimestre do presente curso. Isto significa que non se poderán introducir novos contidos curriculares.
Neste senso, o equipo docente do 1º ciclo tenta proporcionarlles actividades flexibles e que de forma continuada poidan facelas con suficiente tempo.
Así mesmo o alumnado NEAE está recibindo actividades específicas realizadas polas especialista de AL e PT, que por medio dos titores se lles remiten periódicamente. Así mesmo dende o Departamento de Orientación estanse a realizar actividades para estes nenos/as
A forma de traballar é a seguinte:
O titor de 1º A e a titora de 1ºC programan as actividades semanalmente.O titor de 1º A e a titora de 1ºC as habilitan o domingo pola tarde-noite na plataforma Agueiro.
A titora de 1ºB planifica as súas diariamente e a envía por correo electrónico.
O mestre de Inglés as habilita os xoves, pero sen concretar un día específico, tan só dan un tempo amplo para realizar as tarefas. Adoitan ser actividades de tipo “online”( de relacionar, vídeos webquests, actividades de pronunciación, pero sempre sen que teñan que escribir). Emprega a aula de Google classroom (páxina virtual).
O mestre de Educación Física , habilita as súas actividades os luns, e comunícase coas familias por correo electrónico.
O mestre de Música habilita as súas actividades os martes e son semanais. As súas actividades son online, e baséanse en escoita de cancións,e ritmos.
A mestra de Relixión programa actividades semanais e as habilita os mércores.
Tamén lles informamos de que recibirán o solucionario das actividades propostas, de xeito que se lles facilite a auto-corrección.
Para calquera consulta aos respectivos titores poden dirixirse ven pola plataforma ABALAR ou por correo electrónico nos seguintes enderzos:
Titor 1ºA J.Luis: ceipamaia-1-a@hotmail.com
Titora 1º B Vanesa;:aula1bvanessamaia@gmail.com (tamén por videoconferencia)
Titora 1º C Irene : irenelopezdiaz@edu.xunta.es
Mestra Relixión: rsnoya@edu.xunta.es
Mestre Inglés: oteacherpablo@gmail.com
Mestre E.Física: luisanxo@edu.xunta.gal
Achegamos un horario orientativo de traballo semanal. Non se trata de cumprilo estritamente pero si de referencia.
Este é o horario orientativo:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
MATEMÁTICAS | L.GALEGA | MATEMÁTICAS | L.GALEGA | MATEMÁTICAS |
L.CASTELÁ | C.NATURAIS | L.CASTELÁ | C.SOCIAIS | PLÁSTICA |
E.FÍSICA | MÚSICA | RELI/VALORES | INGLÉS | LECTURA |
Saúdos cordiais e saúde por parte da titoría de 1º de Primaria.
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 30/04/2020 - 5:49pm
KatterinaGómez Titora 2ºA |
|
MercedesRey Titora 2ºB |
|
FranciscoLópez Titor 2ºC |
|
MercedesBlanco Especialista Educaciónmusical |
|
LuisAnxoSánchez Especialista EducaciónFísica |
|
RaquelSuárez EspecialistaRelixión |
|
Pablo Especialista LinguaInglesa |
|
JesúsGarcía CCSS e CCNN en2ºC |
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
1 |
MATE |
MATE |
MATE |
MATE |
LENGUA C |
2 |
LINGUA |
LENGUA C |
LINGUA |
LENGUA C |
LINGUA |
3 |
E.F. |
PLÁSTICA |
MÚSICA |
E.F. |
PLÁSTICA |
4 |
CIENCIAS |
INGLÉS |
CIENCIAS |
CIENCIAS |
RELI/VAL |
HORARIO ORIENTATIVO PARA ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 29/04/2020 - 5:54pmPoñemos á vosa disposición un novo horario lectivo.
Este horario está distribuído en áreas para facilitar a organización e o rendemento do alumnado, así como para evitar a sobrecarga de tarefas.
Trátase dun modelo orientativo, que se pode flexibilizar en función das circunstancias de cada familia.
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 29/04/2020 - 5:48pmEstimadas familias de 3º de Educación Primaria:
Ante todo, desexar que vos atopedes ben de saúde e de ánimo. A continuación, informamos das instrucións a seguir no 3º trimestre, tal e como se recolle na publicación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicadas o 28 de abril de 2020 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936)
Ao igual que viñamos facendo ata agora, a canle de comunicación entre profesorado-familia, seguirá sendo o correo corporativo da Xunta e os servizos dixitais educativos da Consellería (plataformas Abalar, Agueiro, Webex…) para levar a cabo o traballo non presencial durante a crise sanitaria do COVID-19 e para calquera outra consulta.
Tal e como se recolle no apartado 6.2. das instrucións publicadas para o 3º trimestre, as tarefas serán de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores, levadas a cabo no 1º e 2º trimestre do curso 2019/2020. Polo tanto, non se van impartir novos contidos nas vindeiras semanas ata o remate de curso.
Así mesmo, ao longo deste trimestre, levaranse a cabo plans de recuperación de aprendizaxes e competencias imprescindibles para aquel alumnado que non acadou os contidos mínimos das avaliacións anteriores. Estes plans de recuperación serán deseñados polas propias titoras en base aos contidos traballados na aula e que garantirán o cumprimento dos obxectivos mínimos de 3º de Primaria. Ditos plans consistirán en tarefas de reforzo, que realizará o propio alumnado e que será posteriormente corrixido telemáticamente polo profesorado e tido en conta para unha avaliación positiva do curso.
No tocante ás actividades, serán programadas semanalmente, tratando de darlle un enfoque lúdico e creativo para motivar ao alumnado. Motivo polo que, determinadas tarefas, serán remitidas ás titoras por correo electrónico para a súa revisión e outras serán autocorrixidas polo propio alumnado seguindo o solucionario que lles proporcionaremos como ata agora. A finalidade será que o alumnado adquira autonomía no seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, así como as competencias clave da etapa. Co obxectivo de facilitar a realización das tarefas, propoñerase un horario orientativo, para evitar a sobrecarga de traballo académico e garantir tempos en familia, de lecer e de descanso.
Dende o Departamento de Orientación estanse deseñando plans específicos para alumnado NEAE, que serán remitidos ao propio alumnado a través do correo electrónico. Estes plans teñen como finalidade solventar as dificultades xeneradas por esta situación. Ademais, na web do centro (www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia), poderedes atopar outros recursos complementarios.
Para poder desenvolver estas medidas será necesario que as familias manteñan unha comunicación fluida co profesorado a través das canles propostas pola propia Consellería. Recordamos que o centro pon a disposición o préstamo de equipos informáticos para quen o precise, solicitándoo no seguinte correo: ceip.a.maia@edu.xunta.gal
Cumprindo coas nosas obrigas, entre elas a función titorial de atención ás familias, seguiremos realizando as titorías os luns a partir das 16:30, previa cita a través de correo electrónico. Estas faranse a través de Webex.
Por último, para facilitar a comunicación entre profesorado e familia, coa finalidade de consultas ou dúbidas na realización de tarefas, facilitamos os seguintes correos.
Aida Ramos Trigo (Titora 3º A) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estefanía Pena Bascoy (Titora 3ºB) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Natalia Agrafojo Padín (Titora 3º C) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||
Lidia Brenlla López (Inglés) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
Mercedes Blanco Álvarez (Música) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
Jesús García Vázquez (Educación Física) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||||
Raquel Suárez Noya (Relixión) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
||||||
Concepción Merayo Buján (Orientadora) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|||||||
María Jesús Picher Núñez (PT) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
||||||||
Maite Pérez González (AL) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|||||||||
Estela López Varela (AL) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen máis, agradecer a colaboración e o gran esforzo que as familias estades realizando nesta situación tan excepcional que estamos a vivir.
Saúdos.
Titoría de 3º.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »