ESTAMOS CONTIGO

Dende o Concello de Ames deféndese a necesidade de ir adiantándose ás demandas que require esta situación excepcional que estamos a vivir e poder dar así resposta inmediata á veciñanza amesá.

Nese sentido, estívose traballando nos últimos días na posta en funcionamento destas dúas liñas 900 de servizos sociais, para facilitar a comunicación dos usuarios e usuarias deste servizo para pedir citas, facer consultas ou clarexar dúbidas. Os número habilitados son o 900 101 569 para Bertamiráns

Entre as medidas e axudas ofertadas está a de 25 e-bonos de 60GB para as familias con menos recursos, co ánimo de favorecer así o acceso a internet neste momento de confinamento. Esta medida está enfocada, sobre todo, a que os nenos e nenas poidan continuar co curso escolar dende a casa. Así como o servizo de fotocopiado.