Blogues

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

De acordo co compromiso de centro -recollido no Proxecto Educativo-  adoptado desde o 2019 de non empregar libros en educación infantil e de reducir nos primeiros cursos da educación primaria, faise pública a lista de libros para o curso 2024/25.

 

Educación Infantil: Non hai libros

 Educación primaria:

Poden consultar o listado completo de libros para 1º, 2º, 3º e 4º de  educación primaria para o  curso 2024/25   no arquivo adxunto.

 

5º e 6º de educación primaria son cursos EDIXGAL, dispoñen dun entorno virtual de aprendizaxe. Non hai libros en formato papel.

 

Os listados de material para os distintos cursos, tanto de infantil como de primaria serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2024/25

 Ao rematar o curso 2023/24, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo solidario deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2024/25.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2024. Desde o luns 17 de xuño poden pasar por secretaría a devolvelos.

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. 

Os libros deben ser devoltos en bo estadoforrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

 

 

Paso de infantil a primaria

Estimadas nais/pais/familias,

desde fai uns cursos, no centro temos en funcionamento o que denominamos “Plan de tránsito de infantil a primaria", que ten tres fases principais:

1.- Durante o mes de xuño, prográmanse conxuntamente por parte das titoras de infantil e primaria varias visitas ás aulas de primaria, resólvenselle dúbidas que eles mesmo plantexan, comparten recreo cos de primaria, amósanselle as instalacións, etc.

2.- Durante o mes de setembro: Celebrarase unha reunión inicial das familias co equipo docente de 1º para:

  • Presentación     do profesorado.
  • Información sobre o funcionamento xeral do centro.
  • Usos da biblioteca e demais dependencias.
  • Proxecto educativo,  programas educativos e actividades do centro.
  • Entrega de documentación (autorizacións das saídas escolares, imaxe, etc.)
  • Características  psico- evolutivas da etapa educativa.

3.- Durante o mes de setembro, previo ao inicio das clases o profesorado de infantil e o profesorado de primaria reúnense para intercambio de información sobre as características do alumnado.

 

Ademais, a finais de curso, vostedes recibirán tamén un folleto con recomendacións e información sobre este proceso.

 

Reciban un cordial saúdo

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  

 

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

♦ Máis información:

Premios #DígochoEu 2023-2024

 

O alumnado de 6º de educación primaria acada o galardón de prata nos III Premios 'DígochoEU', que recoñece os mellores vídeos sobre o fomento da língua galega na tarde de hoxe, 16 de maio.

Esta terceira edición recibiu máis dun cento de propostas de centros de toda Galicia, entre as que o xurado tivo que decidir, valorando a calidade lingüística e expresividade dos participantes, a súa orixinalidade e a innovación do contido.

 

Parabéns ao alumnado e ao seu profesorado!

 

#digochoEu

 

Charla informativa. A lingua galega: unha oportunidade.

Estimadas nais, pais, familias
 
Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames deseñouse unha charla informativa que vai impartir o escritor e comunicador Manuel Núñez Singala, baixo o título A lingua galega: unha oportunidade.
 
Nesta charla afondarase dun xeito ben ameno na adquisión da ou das linguas e coñeceremos estratexias para aproveitar as posibilidades lingüísticas dunha comunidade bilingüe.
 
A charla será en aberto para todas as familias, profesionais da educación (profesorado, persoal das escolas infantís, monitorado...)  ou calquera outra persoa que poida estar interesada.
 
Será hoxe mércores, 15 de maio , ás 20.00 h na Casa da Cultura de Bertamirás e non é preciso inscrición previa.
 

Calendario escolar para o curso 2024/25

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela establécese que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos, tendo en conta que para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU).

INFORMACIÓN PROGRAMA APEGO: Xornada na Ribeira Sacra.

Difundimos esta información que nos chega do concello de Ames,  por se é do voso interese:

Seguimos coas actividades do programa Apego do Concello de Ames, e hoxe toca propoñervos a agardada xornada na Ribeira Sacra.

Trátase dunha excursión familiar na que visitaremos o Ecomuseo  do Pazo de Arxerizno Cabo do Mundo, e   Carballolandia, un ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño.

Alí achegarémonos dun xeito lúdico á etnografía, á historia e á natureza da Ribeira e faremos unha chea de actividades ao aire libre, na Chousa das Férvedas e na Casa da Árbore, conducidas por Anxo Moure, o Carballo con Botas (contos na árbore, paseos, xogos populares, xogo libre, bautizo en barca de río...) para achegarnos ao mundo das árbores autóctonas, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos galegos nun espazo natural pensado para o divertimento, o lecer e a convivencia.

Xantaremos e merendaremos de campo, pero cada familia debe levar a súa propia comida e bebida.

A viaxe  será en autobús o sábado, 27 de abril (se por circunstancias meteorolóxicas houbese que aprazala, gardaránselles as prazas ás persoas inscritas que así o desexen) cos seguintes horarios:

SAÍDA DO PAZO DA PEREGRINA (BERTAMIRÁNS): 09.30 h

REGRESO APROXIMADO AO PUNTO DE SAÍDA: 21.00 h

**A actividade é gratuíta, pero as persoas adultas que queiran entrar ao museo do Pazo de Arxeriz terán que aboar alí mesmo a súa propia entrada (3 € por persoa)

 

INSCRICIÓN:

Se vos animades, anotádevos canto antes pois xa sabedes que as prazas están contadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal  indicándonos coma sempre:

-Nome e apelidos das persoas que solicitades asistir

-Idade do neno ou da nena

-Teléfono de contacto

Non se admitirán inscricións fóra de prazo

Tedes toda a info no cartel que vos vai adxunto.

Apertas mil!

 

Dígochoeu no CEIP A MAÍA

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun Dígochoeu, na que tanto eles con Digochiño aprenderon coas palabras olímpicas polisémicas.

 

 

Podedes ver o vídeo nesta ligazón

 

Novo escrito sobre seguridade viaria

Estimadas nais, país, familias

Como o 21 de marzo pedimos a vosa colaboración para facerlle chegar ao Concello de Ames  a petición dun novo paso de peóns e sabemos da resposta recibida, queremos comunicarvos que despois de abordalo en claustro o luns  e no consello escolar do centro hoxe mesmo, presentamos un novo escrito solicitando actuacións e respostas.

Moitas grazas pola vosa colaboración, seguiremos informándovos.

Podedes velo premendo aquí.

Distribuir contido