Plan TIC
PLAN DE FOMENTO E INTEGRACIÓN DAS TIC
Enviado por A Maía o Dom, 17/02/2019 - 9:26amCada centro educativo deberá elaborar e incluír no proxecto educativo de centro, un plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación que implique un cambio metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan.
A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.
Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.
ACTUALIZACIÓN 2022/23
Neste curso desenvolverase o Plan Dixital de centro, baseado neste MARCO XERAL e impulsado polo Equipo TIC do centro.