Convivencia escolar
PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 29/02/2024 - 1:25pmDesde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.
É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.
Participación activa das familias
As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.
Para asegurar a súa participación fluída, crearase unha canle dixital para as familias que inclúa información, contidos formativos e materiais que axuden á detección temperá de condutas de acoso. Isto é, que as familias tamén dispoñan de ferramentas que as axuden a identificar cambios nos seus fillos que poidan derivar desas situacións.
Para iso potenciarase o papel das asociacións de nais e pais con accións formativas desenvolvidas por profesionais da Consellería de Sanidade, e seguiranse ofrecendo obradoiros específicos para familias tanto nos centros como en concellos e asociacións deseñados pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos profesionais dos centros Quérote+.
Lectura Recomendada. EDUCAR SIN DESESPERAR
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 26/02/2024 - 6:17pmDesde a Dinamización de Benestar e Convivencia queremos recomendarvos a lectura deste libro
Si queredes ler un pequeno avance podedes facelo premendo aquí
PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN, A DETECCIÓN E O TRATAMENTO DO ACOSO E DO CIBERACOSO ESCOLAR
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 09/01/2024 - 1:43pmPublícase o novo Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar, actualizado.
USO DOS TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NOS CENTROS EDUCATIVOS
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 08/01/2024 - 2:04pmPublícase a Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos, pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Buzón de Convivencia: vídeo
Enviado por A Maía o Lun, 07/10/2019 - 4:13pmBuzón de Convivencia
Enviado por A Maía o Lun, 20/11/2017 - 11:48pmDentro dos obxectivos do Equipo de Dinamización da Convivencia escolar, están entre outros:
- Promover actividades para traballar as habilidades sociais, a autoestima, a intelixencia emocional, a resolución pacífica de conflictos...
- Fomentar a participación no patio en xogos colectivos que favorezan a convivencia entre o alumnado na hora do recreo.
- Deseñar actividades que contribuan a desenvolver a competencia social e cidadá.
- Colaborar na proposta de actividades de acollida para o alumnado procedente doutros paises.
- Promover a relación de igualdade entre homes e mulleres.
Todos estos obxectivos abarcan aspectos e situacións nos que se poden dar algún tipo de problemática entre os alumnos e alumnas. Por eso, para facelos visibles, e despois tratar de solucionalos, o Equipo puxo en funcionamento o BUZÓN DE CONVIVENCIA, do que explican a súa utilidade neste video.
Si o necesitas NON DUBIDES EN USALO!