Saltar navegación.
Inicio

Novas

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024 _25

 

As persoas interesadas no servizo de transporte escolar para o curso 2024/25 DEBEN FACER A SOLICITUDE  do 14 ao 30 de xuño  a través deste enlace

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/node/1160

Lembren que considerarase persoa usuaria con dereito a transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario/a con dereito ao servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o/a estudante efectivamente conviva.

Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.

Do mesmo xeito, para manter a condición de usuaria/o con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2024/25.

 

O valor da língua galega

Estimadas familias,

Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía continuamos co  noso obxectivo de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado por medio de vídeos realizados coas familias nos que vós mesmos ou diferentes persoeiros/as da cultura, deporte, xornalismo, etc., poñades en valor o uso da lingua galega e animedes a usar a nosa lingua.

Con vídeos como os que se poden ver nestas ligazóns: vídeos 1, 2, 3, 4 e vídeo 5 animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.

Se desexades colaborar nesta iniciativa, por favor enviade ao correo do centro ceip.a.maia@edu.xunta.gal  un pequeno vídeo en formato horizontal presentándovos e saudando ao alumnado, e animándoos a empregar a lingua galega en todos os ámbitos da vida.

Moitas grazas!

 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar. 

 

 

É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.

 

 

 

 

Participación activa das familias

As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.  

Para asegurar a súa participación fluída, crearase unha canle dixital para as familias que inclúa información, contidos formativos e materiais que axuden á detección temperá de condutas de acoso. Isto é, que as familias tamén dispoñan de ferramentas que as axuden a identificar cambios nos seus fillos que poidan derivar desas situacións.  

Para iso potenciarase o papel das asociacións de nais e pais con accións formativas desenvolvidas por profesionais da Consellería de Sanidade, e seguiranse ofrecendo obradoiros específicos para familias tanto nos centros como en concellos e asociacións deseñados pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos profesionais dos centros Quérote+.  

Lectura Recomendada. EDUCAR SIN DESESPERAR

Desde a Dinamización de Benestar e Convivencia queremos recomendarvos a lectura deste libro

 

 

 

Si queredes ler un pequeno avance podedes facelo premendo aquí

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ADMISIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

Reserva chamando ao 881866004

 

Programa Rosalía do Concello de Ames

Dende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.

DIPLOMA DE RECOÑECEMENTO

O grupo UNDERISK acaba de facernos chegar o diploma de recoñecemento pola nosa colaboración desde o 2016 na investigación en saúde psicolóxica e benestar infantil, así como pola nosa contribución ao desenvolvemento científico no ámbito educativo.

 

 

E desde o CEIP A MAÍA estendemos o agradecemento a todas as familias que colaboraron con nós ao longo de todos estos cursos.

Samaín 31 de outubro

Estimadas nais, pais, familias,

O Samaín é unha das celebracións máis antigas que se coñece e ten a súa orixe nos celtas de Galicia, que se vestían con peles de animais e máscaras para escorrentar aos “espíritos malignos”. A noite do 31 de outubro marcaba o fin da época de colleita e o final do verán, e o comezo do escuro e frío inverno. Por iso crían que ese día, a barreira do mundo humano e espiritual se esvaecía e os seus habitantes podían mesturarse. No Samaín non só críase na existencia de espíritos, tamén de fadas e trasgos. Ao abrir a porta dos dous mundos, pensábase que tamén podían entrar estes seres máxicos. Por iso, había que ter moito coidado a quen se lle abría a porta o 31 de outubro. A lenda conta que, se o visitante era un fada, a familia tería sorte durante o ano seguinte. En cambio, se era un trasgo, pasaría unha tempada de penurias e infortunios.

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín, e comunicámosvos que  as/os vosas/os fillas/os poderán vir disfrazados e/ou maquillados se queren, por suposto é absolutamente voluntario. Só poñemos tres condicións:

1.- Que  sexa relacionado co Samaín e non co Halloween, somos conscientes de que ás veces confúndense e mestúranse.

2.- A cara ten que estar recoñecible e polo tanto non pode vir cuberta con máscara.

3.- Que os posibles complementos non supoñan un atranco para o desenvolvemento da xornada.

 

Grazas pola vosa colaboración

Samaín 2023

 

Estimadas familias:

Achégase o Samaín e como forma parte da nosa tradición máis enxebre, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega quere organizar unha serie de actividades:

  • En coordinación co Equipo da Biblioteca, realizarase unha exposición de libros sobre a temática dos medos infantís e de como superalos ou afrontalos, e do Samaín.
  • Organizar unhas exposicións nos edificios de educación infantil e no de educación primaria . Ditas exposicións levarán por título “Varrendo os medos”. A idea consiste en transformar unha vasoira (de bruxa, facendo así clara mención ás meigas galegas) nunha personaxe de medo, ou un obxecto relacionado con esta temática. Pensamos que poden traelas durante a semana do 23 ao 27 de outubro, a ser posible nos primeiros días, luns e martes para que así os nenos poidan ir desfrutando xa da exposición ao longo da propia semana.
  • Ademais tamén se traballará nas titorías con outras propostas didácticas que o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua fará ao profesorado e alumnado. Esperamos que vos agraden e pedimos a vosa colaboración para á que de antemán vos damos as grazas.

 

O Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega.

Distribuir contido