Saltar navegación.
Inicio

Normalización lingüistica

MODO GALEGO ACTÍVAO!

Adxuntamos un PDF co documento sobre a actividade do Traxe Galego (O Noso Patrimonio!. O traxe tradicional galego..pdf). Tamén vai un arquivo onde podedes ver como traballamos no noso centro a celebración do Día das Letras Galegas e o Modo Galego Actívao! (DÍA DAS LETRAS GALEGAS E MODO GALEGO ACTÍVAO! NO CEIP A MAÍA.pdf) 

MODO GALEGO ACTÍVAO!

Pablo Seoane, un gaiteiro de recoñecido prestixio, mestre de gaita e construtor de instrumentos tradicionais galegos no obradoiro Seoane en Teo envia esta mensaxe ao alumnado do CEIP A MAÍA.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

MODO GALEGO ACTÍVAO

MODO GALEGO ACTÍVAO

V FESTA DO APEGO DE AMES

Desde o Equipo de Normalización Lingüística queremos difundir esta proposta do concello de Ames animándovos a participar nela.

O valor da língua galega

Estimadas familias,

Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía continuamos co  noso obxectivo de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado por medio de vídeos realizados coas familias nos que vós mesmos ou diferentes persoeiros/as da cultura, deporte, xornalismo, etc., poñades en valor o uso da lingua galega e animedes a usar a nosa lingua.

Con vídeos como os que se poden ver nestas ligazóns: vídeos 1, 2, 3, 4 e vídeo 5 animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.

Se desexades colaborar nesta iniciativa, por favor enviade ao correo do centro ceip.a.maia@edu.xunta.gal  un pequeno vídeo en formato horizontal presentándovos e saudando ao alumnado, e animándoos a empregar a lingua galega en todos os ámbitos da vida.

Moitas grazas!

 

Día internacional de Lingua Materna

O día 21 de febreiro é o día internacional de Lingua Materna polo que vos deixamos esta ligazón, na que a académica de número, María López Sández da REAL ACADEMIA GALEGA  escribe sobre el. Por ese mesmo motivo e para celebrar tamén o Día de Rosalía, María estivo o mércores 21 no noso colexio, dando unha charla para o alumnado e 5º e 6º de Primaria. Foi un luxo e por iso vos convidamos a ler este artigo seu:

 

https://academia.gal/-/21-de-febreiro-dia-internacional-da-lingua-materna

Programa Rosalía do Concello de Ames

Dende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.

POR UN NADAL NOSO!

Dende o Departamento de Normalización Ligüística queremos compartir o documento que se adxunta:

SAMAÍN e MAGOSTO

Dende o Equipo de Normalización Lingüística, achegamos dous PDF coas celebracións do MAGOSTO e SAMAÍN, que podes ver/descargar se clicas en ADXUNTOS.

Distribuir contido