INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024 _25
As persoas interesadas no servizo de transporte escolar para o curso 2024/25 DEBEN FACER A SOLICITUDE do 14 ao 30 de xuño a través deste enlace
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/node/1160
Lembren que considerarase persoa usuaria con dereito a transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario/a con dereito ao servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o/a estudante efectivamente conviva.
Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.
Do mesmo xeito, para manter a condición de usuaria/o con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2024/25.