Saltar navegación.
Inicio

Paso de infantil a primaria

Estimadas nais/pais/familias,

desde fai uns cursos, no centro temos en funcionamento o que denominamos “Plan de tránsito de infantil a primaria", que ten tres fases principais:

1.- Durante o mes de xuño, prográmanse conxuntamente por parte das titoras de infantil e primaria varias visitas ás aulas de primaria, resólvenselle dúbidas que eles mesmo plantexan, comparten recreo cos de primaria, amósanselle as instalacións, etc.

2.- Durante o mes de setembro: Celebrarase unha reunión inicial das familias co equipo docente de 1º para:

  • Presentación     do profesorado.
  • Información sobre o funcionamento xeral do centro.
  • Usos da biblioteca e demais dependencias.
  • Proxecto educativo,  programas educativos e actividades do centro.
  • Entrega de documentación (autorizacións das saídas escolares, imaxe, etc.)
  • Características  psico- evolutivas da etapa educativa.

3.- Durante o mes de setembro, previo ao inicio das clases o profesorado de infantil e o profesorado de primaria reúnense para intercambio de información sobre as características do alumnado.

 

Ademais, a finais de curso, vostedes recibirán tamén un folleto con recomendacións e información sobre este proceso.

 

Reciban un cordial saúdo