LIBROS DE MÚSICA DE 2º

Os libros de música foron levados a correos de Bertamiráns o día 28 de abril.  Están chegando avisos de algunhas familias de que aínda non o recibiron; foron 150 envíos, só de libros de música, por favor, teñan un pouco de paciencia, o servizo de correos está saturado e está facendo as entregas con máis atraso do desexado, todo motivado por estas circunstancias excepcionais.
Grazas pola súa comprensión

A Directora