Saltar navegación.
Inicio

blogue deDirección do Centro

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre E-DIXGAL.

  • DATA: Luns 16 de setembro
  • HORA: 16:30
  • LUGAR: Aula de música (1º andar)

 

 

Un cordial saúdo dos titores de 5º

Concreción curricular

Programación Xeral Anual 2024_25

Renovación consello escolar: SORTEO MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

        A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

A Directora do centro.

Unha mestra ou mestre.

Un pai ou nai ou titor legal.

Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 18 de outubro, VENRES, ás 10:30 horas.

 

        Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

       

                                               Bertamiráns, 11  de outubro de 2024.

 

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

CEIP A MAÍA: ESPAZO CARDIOPROTEXIDO

 

" Un desfibrilador só pode salvar vidas, non pode facer ningún dano"

 

Por fin, despois de moito tempo e con varios atrancos, hoxe procedemos á instalación do desfibrilador no centro. Eliximos esta ubicación, preto dunha das entradas principais, na parede do comedor escolar, dentro do recinto educativo pero non dentro dos edificios,  xa que así está visible, accesible pero a mesmo tempo, protexido. Eliximos esta ubicación e non outra, porque así pódese beneficiar del non só o alumnado, profesorado, persoal non docente, senón tamén o persoal do concello e das empresas contratadas polo concello, que traballan dentro do recinto escolar atendendo os diversos servizos que se realizan no centro educativo, ou calquera persoa que nun momento determinado poida precisar del.

Esta iniciativa empezou no curso 2019/20, cando a través da ANPA do colexio se puxo en marcha o Proxecto Salvavidas, no que coa venda de pulseiras propuxéronse financiar a compra dun desfibrilador para o centro. Despois veu a pandemia e a post pandemia e todo quedou paralizado.

 

Neste curso retomouse o asunto, chegou o desfibrilador, o profesorado recibeu a formación pertinente para o seu uso e chegou o momento de colocalo, e aí comenzaron os nosos quebradeiros de cabeza, coa oposición, imposición e prohibición do sr. Alcalde deste Concello.

 

Desde o centro solicitamos axuda  e asesoramento ao persoal técnico do concello para a  determinación da ubicación definitiva do desfibrilador, baixo o noso punto de vista, sempre mantivemos que tiña que estar no espazo que máis tempo permanece aberto, é dicir, o comedor, que está aberto de 7:30h até as 21:00h. O primeiro que recibimos foron negativas, incluso burlas por parte do rexidor municipal (“a quen se lle ocorre poñer un desfibrilador habendo xa un no pavillón municipal e nos coches da policía local”, “si ti o pos eu encargareime de arrancarcho”, chegou a dicirnos o Sr. Alcalde, entre outras ameazas, groserías e  sinsentidos). Entre as súas (sen) razóns chegou a dicir (segueo mantendo a día de hoxe) que o comedor é del (do concello quero entender), cuestión que o servizo xurídico da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP tivo que aclararlle a través dun informe.

 

 

Aínda así, mantivémonos firmes na nosa decisión, o desfibrilador foi instalado hoxe polo servizo técnico da empresa, a disposición de toda a comunidade educativa. O noso desexo é que nunca teñamos que empregalo pero estamos felices e agradecidos á ANPA  e a todas as familias que axudaron a conseguilo para o centro.

 

 

 

Educación Responsable

Concreción Curricular

Plan Igualdade

Normas de Organización Funcionamento e Convivencia (NOFC)

Proxecto Educativo (PE)

Distribuir contido