Saltar navegación.
Inicio

blogue deDirección do Centro

NOTA INFORMATIVA PARA FAMILIAS E ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aínda que as clases presenciais foron temporalmente suspendidas, o equipo docente segue a traballar para que os nenos complementen os seus coñecementos co labor que fan na casa.  

Habilitamos distintas canles para que nos poidan ensinar ese traballo, que agora é obrigatorio. Polo tanto deben enviar, cada semana, as tarefas ao profesor correspondente (ao titor e aos especialistas de Inglés, Música, Educación Física e Relixión). Estas tarefas valoraranse de cara á terceira avaliación, polo que é importante que as manden o mellor posible e na data correspondente.

Para seguir en contacto con eles, enviamos mensaxes a miúdo á plataforma Edixgal. Cómpre que se conecten á mensaxería para estar informados, comunicarse con nós, plantexar dúbidas ou aclarar calquera cuestión. 

Ademais do Abalar, sería bo achegarlle unha dirección de correo electrónico ao titor (se non o fixeron xa), para informarlles de calquera cuestión que puidese xurdir.

Agradeceríamos resposta a esta nota cun "OK" para saber que a recibiron.

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As titoras e os especialistas de 4º nivel  queremos aclarar que as actividades que programamos no noso blog e na páxina do colexio, son actividades de reforzo, repaso, recuperación e ampliacción dos contidos que consideramos claves para a adecuada progresión do aprendizaxe dos nosos alumnos. Son actividades que forman parte do 3º trimestre e polo tanto actividades que hai que realizar, con calma , sen presa, e con tempo suficiente.

 A profesora Lidia, especialista en inglés, nos informa que hai moitos alumnos de 4º  que non se diron de alta na plataforma de Oxford. Esta é unha ferramenta moi útil na que todos deberiades estar.

Ademais, as mestras de 4º nivel estamos en contacto permanente con vos, familias, pero notamos en falta o feedback, é dicir, unha contestación por parte vosa cando se vos escribe un email. Gustarianos estar moito máis cerca e o contacto a través do correo electrónico parécenos imprescindible. Tamén cos alumnos, pero este farase coas videoconferencias que empezaremos en breve.

Sabemos que os alumnos teñen os seus diccionarios nas aulas. Esta falta de recurso a compensaremos con  entradas de acceso á  RAG (galego) e á  RAE (castelá) no blog.

Por último, os mestres especialistas ( inglés, relixión, educación física e música) os emprazan para que tamén estedes en contacto con eles e polo tanto enviamos os seus correos.

            (Raquel)  rsnoya@edu.xunta.gal         (Mercedes)mercedes.blanco@edu.xunta.gal

            (Lidia)lidiabrenlla@edu.xunta.es       (Jesús) jesusgarciavazquez@edu.xunta.es

 

HORARIO PARA ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

Coa finalidade de axudarlle ao alumnado a organizar as tarefas diarias, as mestras de 4º de educación primaria estableceron este horario semanal. É importante que vexades que non se marcan horas concretas senón as materias que deberíades traballar cada día.Esperamos que vos axude a organizar as vosas sesións de estudo.

 

TAREFAS E ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Habilidades sociais para nenas e nenos

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA REFORZO DAS DIFICULTADES DERIVADAS DA DISLEXIA.

Enlaces, webs e blogs de axuda psicolóxica:

-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

-Consejo General de la Psicología. España

-Servicio Psicología Aplicada. UNED

Pautas alumnado con TEA:

-Pautas de ASPANAES

-Recomendacións BATA

-Autismo España

-ARASAAC

-Red Cenit

-AETAP

 Aprendices visuales: Contos con pictogramas

 

 

4º EI

Proposta de actividades

Linguaxe musical

 

5º  EI

Proposta de actividades

Día do libro

Escaravellos

Actividades sensoriais

Actividades de  linguaxe oral 

Traballo con contos

6º EI

Proposta de actividades

As tarefas están no blogue de aula

 

English Preschool Activities

Relixión 

 

1º A EP

Mestre: José Luis

Acceso ás tarefas do titor

1º B EP

Mestra: Vanessa

correo de contacto: 

aula1bvanessamaia@gmail.com   

1º C EP

Mestra: Irene

AVISO: As actividades non son as mesmas, hai novas páxinas de cada colección.

 

Lingua galega

Lingua castelá

Matemáticas

Cálculo e numeración

Grafía

 

Educación física: Proposta 1  Educación física: Varias propostas xerais

English

Música

Relixión

 

2º A EP

Mestra: Ana Kattherina

Tarefa 

2º B EP

Mestra: Mercedes

Tarefa

2º C EP

Mestre: Paco

Tarefa

Plástica 

Valores

Educación física: Proposta 1  Educación física: Varias propostas xerais

English

Música

Relixión

 

3º A EP

Mestra: Aida

3º B EP

Mestra: Estefanía

3º C EP

Mestra: Natalia

 

Proposta para os 3 grupos

 

 

  Educación física: Varias propostas xerais

Inglés

Música

Relixión

 

4º A EP

Mestra: Inmaculada

4º B EP

Mestra: Mª José

4º C EP

Mestra: Carmela

 As tarefas están no blogue de aula

 Educación física: Varias propostas xerais

Inglés

Música

Relixión

 

5º e 6º EP

 

 

 

O alumnado ten tarefas no EVA EDIXGAL.

Sigan as indicacións dos titores e do profesorado especialista para a realización e a entrega das tarefas.

Educación física: Varias propostas xerais 

   

 

 

 

IMAXES DA 1ª SAÍDA

Moitas grazas por compartir con nós este momento tan especial. Seguide coidándovos.

 

 

 

 

 

 

 

 

CONSULTAS AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Queridos alumnos, alumnas e familias:

No Departamento de Orientación estamos á vosa disposición para atender todas aquelas dúbidas ou consultas que nos querades formular neste tempo de confinamento. Podedes contactar con nós a través dos seguintes correos electrónicos:

conchymerayo@edu.xunta.es  (Orientadora)

estelalopezvarela@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)

mpicher@edu.xunta.es (Especialista de Pedagoxía Terapéutica)

ma.teresaperez@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)

DÍA DO LIBRO EN 1ºB

 O alumnado de 1º B quixo darlle unha sorpresa á súa mestra Vanessa e eles, en complicidade coas súas familias, elaboraron este fermoso vídeo.

Moitísimas grazas pola vosa iniciativa, creatividade e esforzo e por suposto, parabéns!

Co voso permiso compártoo para todo o alumnado e as familias do CEIP A MAÍA.

Grazas e coidádevos!!!!

 

ACLARACIÓNS RESPECTO AOS MATERIAIS DE MÚSICA

  • A materia de música é primordialmente práctica. Todo se fai con música e a través da dela: escoitando contos, cancións, melodías, cantando, tocando e bailando con ela. Esta é a metodoloxía básica, aparte claro está, de certos contidos teóricos que tamén hai que aprender.
  • En cada curso se actualizan os contidos dos cursos anteriores, tal e como está reflectido na programación didáctica de Educación Musical. Por iso en terceiro se repasa o de segundo, en cuarto o de terceiro e así sucesivamente. Os contidos se repiten todos os cursos,  pero loxicamente ampliados. Ese é o motivo polo cal os libros de segundo os usábamos para repasar en terceiro e así en vez de mercar un caderno de exercicios de música ademais do libro, tiñamos o libro de segundo para repasar e ademais mellor, ao poder escribir neles. Tanto en 3º como en 4º non se pode escribir nos libros. Tamén aos nenos e nenas lles gusta cantar as cancións que xa coñecen do curso anterior e a miúdo piden cantalas.  Ademais os libros son moi bos e atractivos para os nenos e nenas polas súas ilustracións. Pero aclarar tamén, que como sabedes, en cada curso temos o libro correspondente a dito nivel, aínda que se utilice outro para repasar.

O ánimo de organizarse así, é aproveitar os libros e os materiais, sen que isto afecte á programación, pois en cada curso se segue a programación didáctica referida a ese nivel e para dito curso. O libro é unha ferramenta que se utiliza para conseguir os obxectivos, pero a guía é sempre a programación.

  • Por suposto, todas as unidades do libro, é dicir as seis unidades foron traballadas na clase: todas as cancións, audicións e contos.
  • Os libros de segundo podedes gardalos porque o vindeiro curso seguiremos traballando desta maneira e os usaremos, para repasar. Tamén agora na casa, vos irei indicando nas clases que vos prepare e no espazo virtual de AGUEIRO, algunhas actividades ou páxinas que poden ir facendo neles,  sempre, insisto, como repaso e reforzo.

 

Espero que entendades as razóns de rentabilizar os recursos respectando sempre as programacións.

 

  • Por outra banda, comentarvos que as frautas estiveron gardadas en caixas herméticas pechadas e que nunca se compartiron. Podedes neste sentido estar tranquilos. Poden por suposto, gardalas para o vindeiro curso, que as seguiremos empregando e no presente tamén, a través de actividades que eu vos indique nas clases.

 

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias,

Estamos á espera de recibir instrucións sobre como se vai desenvolver este 3º trimestre, probablemente non as teñamos ata a próxima semana, pero,  en canto as teñamos, farémolas públicas para que todas e todos dispoñades da mesma información.

Igualmente quero adiantarvos que estamos organizando para que poidades vir ao centro a recoller o material (libros, libretas, ordenadores, etc) das vosas fillas e fillos, entendede que para facer isto teremos que garantir as medidas de distancia social, hixiene, orde, etc., propias desta situación derivada do estado de alarma. En canto recibamos o visto bo da Consellería, avisareivos para que pasedes a recollelo.

 

Espero que todas e todos sigades ben a pesar deste momento tan difícil. Coidádevos moito e ogallá poidamos retornar á normalidade canto antes.

 

Saúdos e ánimo de todo o equipo docente do CEIP  A MAÍA

 

A directora

Distribuir contido