Taboleiro
Día internacional da muller e a nena na ciencia
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 11/02/2021 - 6:23pmHoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
O Concello de Ames uniuse a esta conmemoración realizando un vídeo protagonizado por veciñas de Ames co obxectivo de visibilizar ás mulleres neste campo. As Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade foron as responsables desta iniciativa que, producida pola empresa Mirabelle Produccións.
Deste xeito, faise pública a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. O vídeo recolle o traballo que fan nenas como Laura Montaña e Rosana Fernández do IES Ames; Clara González e Antía Somoza, xunto coa súa profesora Mónica Parente, no IES do Milladoiro; Martina Rey Pérez, Aixa Tarrio Mato, Enma Martinez Carrillo e Adriana Trenco Varela, alumnas do CEIP de Barouta. Ademais, neste traballo audiovisual tamén aparecen Sara Zendón e Elena Ventoso, do CEP Plurilingüe de Ventín; Aldara Domínguez e Candela Penedo do CEIP A Maía, e Zoe Glasscock e Julia Abelleira do CEIP Agro do Muíño.
Parabéns a todas as que poñen voz e opinión a este vídeo, especialmente ás alumnas de 4º de educación primaria deste centro, Aldara e Candela.
AVISO IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 12/06/2020 - 8:48amComo este curso é imposible facer a reunión presencial que tiñamos organizada coa directora do IES e con pais e nais do noso alumnado de 6º de educación primaria, dende o IES elaboraron esta guía para dar resposta a algunhas cuestións que sempre xurden no paso de primaria a secundaria. Podedes consultala aquí.
Igualmente, desede o IES poñen á vosa disposición as materias que forman parte da matrícula de 1º da ESO, podedes consultalas aquí.
Pola nosa parte, temos organizado a devolución dos ordenadores e tamén que poidades vir a recoller o voso material que quedou na aula. Para garantir a vosa protección e que non se produzan aglomeracións, cada titora fixou as seguintes datas:
- xoves 18 de xuño :6ºB (Manoli) - horario de 10:00 h a 14:00 h
- luns 22 de xuño: 6ºA (M.Salas) - horario de 10:00 h a 14:00 h
- martes 23 de xuño: 6ºC (M.Laura) - horario de 10:00 h a 14:00 h
TAREFAS DO 18 AO 20 DE MAIO
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 18/05/2020 - 8:53amPROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ALUMNADO CON TDAH
Habilidades sociais para nenas e nenos
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA REFORZO DAS DIFICULTADES DERIVADAS DA DISLEXIA.
Proposta do departamento de orientación para o alumnado
Consellos a ter en conta durante o periodo de permanencia na casa
Pautas para traballar a dislalia /rr/
Pautas para traballar a dislalia /s/
Pautas para traballar a dislalia /z,c/
Enlaces, webs e blogs de axuda psicolóxica:
-Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
-Consejo General de la Psicología. España
-Servicio Psicología Aplicada. UNED
Pautas alumnado con TEA:
Aprendices visuales: Contos con pictogramas
4º EI |
5º EI |
6º EI Proposta de actividades As tarefas están no blogue de aula |
|
1º A EP Mestre: José Luis |
1º B EP Mestra: Vanessa correo de contacto: |
1º C EP Mestra: Irene AVISO: As actividades non son as mesmas, hai novas páxinas de cada colección.
|
2º A EP Mestra: Ana Kattherina |
2º B EP Mestra: Mercedes |
2º C EP Mestre: Paco
|
3º A EP Mestra: Aida |
3º B EP Mestra: Estefanía |
3º C EP Mestra: Natalia |
|
||
4º A EP Mestra: Inmaculada |
4º B EP Mestra: Mª José |
4º C EP Mestra: Carmela |
As tarefas están no blogue de aula |
5º e 6º EP
|
O alumnado ten tarefas no EVA EDIXGAL. Sigan as indicacións dos titores e do profesorado especialista para a realización e a entrega das tarefas. ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÏSICA
|
NOVAS MEDIDAS PARA SAÍDAS E PASEOS DENDE O 2 DE MAIO
Enviado por Dirección do Centro o Sáb, 02/05/2020 - 8:36amDeixamos aquí para que poidades consultar o BOE no que se establecen as novas medidas así como o cartel informativo.
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Sáb, 02/05/2020 - 8:26am
Estimadas familias de 1º de Educación Primaria,
Cas circunstancias que todos/as estamos a vivir, e preciso organizar as actividades que os diferentes titores/as estamos a realizar dende hai unhas semanas ata o remate do curso académico.
Debemos seguir as directrices marcadas polas Instrucións do 27 de Abril de 2020 da Consellería de Educación, en onde matiza que as tarefas serán de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores, levadas a cabo no 1º e 2º trimestre do presente curso. Isto significa que non se poderán introducir novos contidos curriculares.
Neste senso, o equipo docente do 1º ciclo tenta proporcionarlles actividades flexibles e que de forma continuada poidan facelas con suficiente tempo.
Así mesmo o alumnado NEAE está recibindo actividades específicas realizadas polas especialista de AL e PT, que por medio dos titores se lles remiten periódicamente. Así mesmo dende o Departamento de Orientación estanse a realizar actividades para estes nenos/as
A forma de traballar é a seguinte:
O titor de 1º A e a titora de 1ºC programan as actividades semanalmente.O titor de 1º A e a titora de 1ºC as habilitan o domingo pola tarde-noite na plataforma Agueiro.
A titora de 1ºB planifica as súas diariamente e a envía por correo electrónico.
O mestre de Inglés as habilita os xoves, pero sen concretar un día específico, tan só dan un tempo amplo para realizar as tarefas. Adoitan ser actividades de tipo “online”( de relacionar, vídeos webquests, actividades de pronunciación, pero sempre sen que teñan que escribir). Emprega a aula de Google classroom (páxina virtual).
O mestre de Educación Física , habilita as súas actividades os luns, e comunícase coas familias por correo electrónico.
O mestre de Música habilita as súas actividades os martes e son semanais. As súas actividades son online, e baséanse en escoita de cancións,e ritmos.
A mestra de Relixión programa actividades semanais e as habilita os mércores.
Tamén lles informamos de que recibirán o solucionario das actividades propostas, de xeito que se lles facilite a auto-corrección.
Para calquera consulta aos respectivos titores poden dirixirse ven pola plataforma ABALAR ou por correo electrónico nos seguintes enderzos:
Titor 1ºA J.Luis: ceipamaia-1-a@hotmail.com
Titora 1º B Vanesa;:aula1bvanessamaia@gmail.com (tamén por videoconferencia)
Titora 1º C Irene : irenelopezdiaz@edu.xunta.es
Mestra Relixión: rsnoya@edu.xunta.es
Mestre Inglés: oteacherpablo@gmail.com
Mestre E.Física: luisanxo@edu.xunta.gal
Achegamos un horario orientativo de traballo semanal. Non se trata de cumprilo estritamente pero si de referencia.
Este é o horario orientativo:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
MATEMÁTICAS | L.GALEGA | MATEMÁTICAS | L.GALEGA | MATEMÁTICAS |
L.CASTELÁ | C.NATURAIS | L.CASTELÁ | C.SOCIAIS | PLÁSTICA |
E.FÍSICA | MÚSICA | RELI/VALORES | INGLÉS | LECTURA |
Saúdos cordiais e saúde por parte da titoría de 1º de Primaria.
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 30/04/2020 - 5:49pm
KatterinaGómez Titora 2ºA |
|
MercedesRey Titora 2ºB |
|
FranciscoLópez Titor 2ºC |
|
MercedesBlanco Especialista Educaciónmusical |
|
LuisAnxoSánchez Especialista EducaciónFísica |
|
RaquelSuárez EspecialistaRelixión |
|
Pablo Especialista LinguaInglesa |
|
JesúsGarcía CCSS e CCNN en2ºC |
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
1 |
MATE |
MATE |
MATE |
MATE |
LENGUA C |
2 |
LINGUA |
LENGUA C |
LINGUA |
LENGUA C |
LINGUA |
3 |
E.F. |
PLÁSTICA |
MÚSICA |
E.F. |
PLÁSTICA |
4 |
CIENCIAS |
INGLÉS |
CIENCIAS |
CIENCIAS |
RELI/VAL |
HORARIO ORIENTATIVO PARA ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 29/04/2020 - 5:54pmPoñemos á vosa disposición un novo horario lectivo.
Este horario está distribuído en áreas para facilitar a organización e o rendemento do alumnado, así como para evitar a sobrecarga de tarefas.
Trátase dun modelo orientativo, que se pode flexibilizar en función das circunstancias de cada familia.
NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 29/04/2020 - 5:48pmEstimadas familias de 3º de Educación Primaria:
Ante todo, desexar que vos atopedes ben de saúde e de ánimo. A continuación, informamos das instrucións a seguir no 3º trimestre, tal e como se recolle na publicación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicadas o 28 de abril de 2020 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936)
Ao igual que viñamos facendo ata agora, a canle de comunicación entre profesorado-familia, seguirá sendo o correo corporativo da Xunta e os servizos dixitais educativos da Consellería (plataformas Abalar, Agueiro, Webex…) para levar a cabo o traballo non presencial durante a crise sanitaria do COVID-19 e para calquera outra consulta.
Tal e como se recolle no apartado 6.2. das instrucións publicadas para o 3º trimestre, as tarefas serán de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores, levadas a cabo no 1º e 2º trimestre do curso 2019/2020. Polo tanto, non se van impartir novos contidos nas vindeiras semanas ata o remate de curso.
Así mesmo, ao longo deste trimestre, levaranse a cabo plans de recuperación de aprendizaxes e competencias imprescindibles para aquel alumnado que non acadou os contidos mínimos das avaliacións anteriores. Estes plans de recuperación serán deseñados polas propias titoras en base aos contidos traballados na aula e que garantirán o cumprimento dos obxectivos mínimos de 3º de Primaria. Ditos plans consistirán en tarefas de reforzo, que realizará o propio alumnado e que será posteriormente corrixido telemáticamente polo profesorado e tido en conta para unha avaliación positiva do curso.
No tocante ás actividades, serán programadas semanalmente, tratando de darlle un enfoque lúdico e creativo para motivar ao alumnado. Motivo polo que, determinadas tarefas, serán remitidas ás titoras por correo electrónico para a súa revisión e outras serán autocorrixidas polo propio alumnado seguindo o solucionario que lles proporcionaremos como ata agora. A finalidade será que o alumnado adquira autonomía no seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, así como as competencias clave da etapa. Co obxectivo de facilitar a realización das tarefas, propoñerase un horario orientativo, para evitar a sobrecarga de traballo académico e garantir tempos en familia, de lecer e de descanso.
Dende o Departamento de Orientación estanse deseñando plans específicos para alumnado NEAE, que serán remitidos ao propio alumnado a través do correo electrónico. Estes plans teñen como finalidade solventar as dificultades xeneradas por esta situación. Ademais, na web do centro (www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia), poderedes atopar outros recursos complementarios.
Para poder desenvolver estas medidas será necesario que as familias manteñan unha comunicación fluida co profesorado a través das canles propostas pola propia Consellería. Recordamos que o centro pon a disposición o préstamo de equipos informáticos para quen o precise, solicitándoo no seguinte correo: ceip.a.maia@edu.xunta.gal
Cumprindo coas nosas obrigas, entre elas a función titorial de atención ás familias, seguiremos realizando as titorías os luns a partir das 16:30, previa cita a través de correo electrónico. Estas faranse a través de Webex.
Por último, para facilitar a comunicación entre profesorado e familia, coa finalidade de consultas ou dúbidas na realización de tarefas, facilitamos os seguintes correos.
Aida Ramos Trigo (Titora 3º A) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estefanía Pena Bascoy (Titora 3ºB) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Natalia Agrafojo Padín (Titora 3º C) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||
Lidia Brenlla López (Inglés) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
Mercedes Blanco Álvarez (Música) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
Jesús García Vázquez (Educación Física) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||||
Raquel Suárez Noya (Relixión) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
||||||
Concepción Merayo Buján (Orientadora) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|||||||
María Jesús Picher Núñez (PT) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
||||||||
Maite Pérez González (AL) |
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|||||||||
Estela López Varela (AL) |
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen máis, agradecer a colaboración e o gran esforzo que as familias estades realizando nesta situación tan excepcional que estamos a vivir.
Saúdos.
Titoría de 3º.
NOTA INFORMATIVA PARA FAMILIAS E ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 29/04/2020 - 4:38pmAínda que as clases presenciais foron temporalmente suspendidas, o equipo docente segue a traballar para que os nenos complementen os seus coñecementos co labor que fan na casa.
Habilitamos distintas canles para que nos poidan ensinar ese traballo, que agora é obrigatorio. Polo tanto deben enviar, cada semana, as tarefas ao profesor correspondente (ao titor e aos especialistas de Inglés, Música, Educación Física e Relixión). Estas tarefas valoraranse de cara á terceira avaliación, polo que é importante que as manden o mellor posible e na data correspondente.
Para seguir en contacto con eles, enviamos mensaxes a miúdo á plataforma Edixgal. Cómpre que se conecten á mensaxería para estar informados, comunicarse con nós, plantexar dúbidas ou aclarar calquera cuestión.
Ademais do Abalar, sería bo achegarlle unha dirección de correo electrónico ao titor (se non o fixeron xa), para informarlles de calquera cuestión que puidese xurdir.
Agradeceríamos resposta a esta nota cun "OK" para saber que a recibiron.
HORARIO PARA ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 27/04/2020 - 8:41pmCoa finalidade de axudarlle ao alumnado a organizar as tarefas diarias, as mestras de 4º de educación primaria estableceron este horario semanal. É importante que vexades que non se marcan horas concretas senón as materias que deberíades traballar cada día.Esperamos que vos axude a organizar as vosas sesións de estudo.