Skip to Content

Complementarias

MIL ESTRELAS, MUSICAL DE MUSICAIS

Un pequeno grupo de alumnado do CEE MIÑO tivo a oportunidade de acudir o pasado martes ao auditorio de Ourense para desfrutar do oitavo musical que fixeron no IES Xesús Taboada Chivite de Verín. 

Foi creado íntegramente en galego e ideado polo profesorado e alumnado como unha actividade didáctica, interdisciplinar, integradora e de normalización da lingua galega.

EXCURSIÓN A LODOSELO

O pasado xoves 23 de maio un grupo de alumnado,profesorado e coidadores do CEE MIÑO puxémonos en marcha para ir de excursión ao CDR O VISO no pobo de Lodoseso, Concello de Sarreaus.

Foi unha experiencia super completa e con vivivencias, cremos que moi significativas para o alumnado.

HUGO

Onte pola mañá achegámonos ao auditorio con un grupo de alumnas e alumnos para ver a obra HUGO, da compañía Os náufragos. 

Gañadora do premio María Casares ao mellor espectáculo para público infantil e familiar en 2022, aborda o trastorno do espectro autista na infancia desde a empatía e a sensibilidade, fala da diversidade, da convivencia  e da beleza de ser diferentes.

SAÍDA AUDITORIO

29/11/2023
Europe/Madrid

XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA

Durante este último trimestre estivemos  traballando a educación  viaria nas aulas e onte tivemos unha actividade complementaria que se desenvolveu no patio do colexio durante toda a mañá.



 

UN POUCO DE MÚSICA TRADICIONAL

Distribuir contido


by Dr. Radut