O centro de Educación Especial Miño é o centro público de educación especial máis grande da provincia de Ourense.
Ofrecemos ensinanzas dirixidas a alumnos con necesidades educativas especiais que non poden ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios, rexéndonos polos principios de normalización e inclusión. Ademais, contamos con profesionais e servizos que non ofrece ningún outro centro da provincia.