Con esta actividade experimentamos cos sentidos e traballamos a psicomotricidade.
Os pasos son moi sinxelos; coller a tapadunha caixa de cartón( de zapatos, por exemplo),cortamos tiras de papel (sirve calquera tipo de papel: de periódico, revistas ...) ou cartolina de varias cores. Pegamos as tiras no fondo da tapa ou da caixa.
Rasgar, é cortar papel sen tesoiras, utilizando soamente as mans. Este tipo de actividade favorece e mellora a pinza, a coordinación bilateral das mans, a atención, o manexo da forza, a prensión e a coordinación visomotriz. Esta actividade facémola moito na aula 8 de diferentes maneiras:
durante todo este tempo moitos docentes do noso gremio elabora e comparte diferentes materiais de forma altruista. Hoxe comparto un material manipulativo e sinxelo de ARASAAC elaborado dende o blog "cosasdeverito" para traballar os números do 1 ao 5. Este tipo de tarefas as facíamos na aula 8 no momento de traballo en mesa e van acompañadas de vídeos explicativos para que os papis e mamis o teñan moito máis claro.