1. Obxectivos e actividades.
O obxectivo xeral será contribuir ao seu desenvolvemento fomentando o emprego dos contos.
Neste obradoiro potenciaranse diferentes formas de comunicación, as cales constitúen un medio para expresar sentimentos, emocións e vivencias persoais así coma interaccións cos demáis.
Partirase do conto (en diferentes formatos) coma un recurso didáctico máis. Recurso que se vai empregar como elemento motivador de estimulación auditiva, visual e táctil, tamén se desenvolverá así a lectura comprensiva, coa finalidade entre outras de estimular a linguaxe e a atención.