Os rapaces da aula 2 comezan o curso fixando as rutinas de EF e facendo exercicio co seu material favorito: as cordas, as pelotas e as pezas de psicomotricidade.
Ambientamos as sesións con música de fondo e deixamos tempo ao final para xogo libre.
Con esta actividade experimentamos cos sentidos e traballamos a psicomotricidade.
Os pasos son moi sinxelos; coller a tapa dunha caixa de cartón ( de zapatos, por exemplo ) cortamos tiras de papel ( sirve calaquera tipo de papel: de periódico, revistas ... ) ou cartolina de varias cores. Pegamos as tiras no fondo da tapa ou da caixa.