Skip to Content

SAMAÍN 2024. VELLE METE MEDO.

Aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica das distintas actividades que fixemos e de como celebramos o Samaín no cole.

Durante a semana estivéronse decorando as distintas portas e as cabazas para o concurso.

O martes comezamos cunha actividade de robótica. Consistiu en repasar vocabulario específico de Samaín e adquirir destreza no manexo do robot Photom "Miño".

O mércores tódalas aulas pasamos polo túnel do terror e sacamos unha foto de recordo.

A para rematar, á última hora da mañá, o xurado deu a coñecer quen eran os gañadores/as dos dous concursos que se levaron a cabo!

A disfrutar destes días de descanso. Feliz e terrorifico Samaín!

 



blog | by Dr. Radut