O pasado venres 8 de novembro fixemos unha bonita e divertida festa no cole para celebrar o Magosto.
Con lume, castañas, a castañeira, xogos populares, piñatas, música e moito baile aproveitamos despois do recreo para compartir e gozar cos nosos mestres, cuidas e compañeiros/as!
O pasado xoves, coincidindo co mesmo día que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de outubro, fixemos unha actividade na nosa biblioteca guiada pola nosa mascota Perico e por Violeta, a protagonista deste curso.
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, está en marcha o procedemento para a celebración de eleccións de membros do Consello Escolar do centro.