24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado xoves, coincidindo co mesmo día que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de outubro, fixemos unha actividade na nosa biblioteca guiada pola nosa mascota Perico e por Violeta, a protagonista deste curso.
Por niveis, o alumnado acompañado polo seu profesorado e resto de profesionais foi á biblioteca para a presentación do conto co que estamos traballando e sobre o que xira o PDI deste curso: VIOLETA ÁS AGACHADAS.
Violeta e Perico coa axuda de distintos alumnos e alumnas foron lendo o conto e presentando unha actividade multisensorial repasando tódolos meses do ano. Foi moi divertida e disfrutamos moito!
A continuación, cada aula pegou unha peza para construir un crevacabezas xigante da portada do conto.
Para rematar, o alumnado do PFB e Yuri da aula 2, leron o poema co que nos agasallou Charo Golmar.