MULTISENSORIAL 1
CAIXA CON SAL
Con esta actividade experimentamos cos sentidos e traballamos a psicomotricidade.
Os pasos son moi sinxelos; coller a tapa dunha caixa de cartón ( de zapatos, por exemplo ) cortamos tiras de papel ( sirve calaquera tipo de papel: de periódico, revistas ... ) ou cartolina de varias cores. Pegamos as tiras no fondo da tapa ou da caixa.
Poñemos una fina capa de sal e pasamos o dedo por enriba como se pintaramos. Podemos debuxar diferentes figuras: círculos, triángulos, cadrados, ondas ...