Skip to Content

Aula 2

ASÍ TRABALLAMOS...

Inventando historias, xogando coas letras e palabras, asociando números, imaxes, sumando, repasando profesións e recordando que come cada animal...distintos exercicios e todos forman parte do noso aprendizaxe diario!!!Risa

SEGUIMOS COA COMPOSTAXE

Desta tocou sair facer as tarefas de mantemento no compostador. María encargouse de levar auga, Martín de botala e Marta de mesturar cun pau todo. Traballando en equipo todo vai mellor!!!

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz e non Violencia Escolar estivemos pintando a pomba de cartón, base na que colocamos as mans que cada alumno/a decorou.

Gracias pola tua axuda profe Rosa!!!

COLABORAMOS NA EXPOSICIÓN DO INVERNO

Coa chegada do frío puxémonos a preparar detalliños para decorar a exposición de inverno que se colocou na entrada do cole: nubes, árbores e estrelas de neve entre outras cousiñas...

Entre todos conseguimos máis!!!

Gracias a profe María que esta semana nos acompañou e ensinou moitas cousiñas!!!

 

POLIÑOS E COELLOS CON POMPÓNS DE LA

No segundo trimestre, nas sesións de Obradoiro coa profe Pilar fixemos varias manualidades con pompóns de la de distintas cores, concretamente coellos e poliños moi simpáticos.

É un gran exercicio e pasámolo moi ben!!!

 

TEMPO DE NADAL

E así comezamos este tempo de Nadal...menuda panda estes elfos e elfas da aula 2...jajajaj

Participamos na elaboración desta árbore tan fermosa creando postais de Nadal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut