Skip to Content

A RASGAR!

 

Rasgar, é cortar papel sen tesoiras, utilizando soamente as mans. Este tipo de actividade favorece e mellora a pinza, a coordinación bilateral das mans, a atención, o manexo da forza, a prensión e a coordinación visomotriz. Esta actividade facémola moito na aula 8 de diferentes maneiras:

1. Poñemos ao seu alcance distintos tipos de papel: folios, xornais, revistas, cartolinas, papel hixiénico e axudarlle a que o rasgue…podemos pintarlle o dedo pulgar e o anular de cada man para motivarlles a usar eses dedos.

2. Trazar unha liña recta no centro do papel e axudarlle que rasgue a folla seguindo o trazo.

3. Tamén podedes abrir un regalo envolto con papel.

 

Teño moitas ganas de vervos. Mándovos miles de bicos e unha aperta enorme.



blog | by Dr. Radut