Skip to Content

Aula 8

A QUE SABE A LÚA?

Ola familias!, feliz día do libro!!

e como agasallo déixovos este contacontos da adaptación do conto “a que sabe a lúa?”; é un conto moi sinxelo onde podemos traballar os diferentes animais; no arquivo adxunto un documento cos animais para imprimir, colorear e recortar; deste xeito poderedes contarlle o conto aos vosos fillos/as dunha maneira máis manipulativa e onde eles participen colocando os animais.

 

XOGOS DIVERTIDOS

Ola familias!!

hoxe déixovos no arquivo adxunto algunhas suxerencias de xogos de imitación motora grosa e fina; son sinxelos de facer e seguro que botades unhas risotadas.

 

Un saúdo e moita forza!

ACTIVIDADES DE MULTISENSORIAL

Para acceder ás actividades de multisensorial, pincha aquí

APPS PARA SEGUIR APRENDENDO

 

Ola de novo,

 

para as vacacións de semana santa fixen unha selección de algunhas aplicacións para a tablet, móbiles...xa sei que as miñas compañeiras subiron xa algúns documentos sobre este tema pero esta selección está adaptada ao alumnado da aula 8, algunhas de elas xa coñecidas por eles e traballadas na aula. Outra forma divertida de aprender!

 

ÁRBORE FAMILIAR

 

Ola familias,

 

esta actividade que vos propoño consiste en facer unha árbore familiar; co tema de ficar na casa estamos separados da nosa familia máis próxima o que non é doado; por iso, con esta árbore podemos simbolizar todas esas apertas e bicos que nos daremos cando todo isto acabe, agora verase un pouco baleiro pero pronto encherase de pegadas de cores (simulando as flores e as follas) como unha árbore en primavera.

 

BROCHETAS DE FROITA

 

Ola de novo,  

 

no arquivo adxunto déixovos  a receita “brocheta de froita”, unha receita moi sinxela que traballamos este 2º trimestre no obradoiro “Aprendemos medrando” ; podedes utilizar calquera froita que teñades na casa. Espero que vos guste e bo proveito!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut