Onte pola mañá tivemos a visita do profesor Uxio e o seu grupo de alumnos e alumnas do IES Portovello do ciclo formativo de Atención a persoas en situación de dependencia que viñeron a biblioteca do cole a presentarnos o libro: O CAPITÁN INCLUSIVO.
Trátase dunha serie de contos inventados por estes rapaces e rapazas, cheos de cor e adaptados con moitas texturas que estiveron presentando ao noso alumnado.
Ás 11:00 da mañá os buses estaban esperando na entrada do colexio para ir ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro que leva por título: O LOBO E A LÚA.
Hoxe, martes 4 de febreiro, recén acabamos de chegar do Auditorio Municipal de Ourense de ver unha delicia de espectáculo que ten por título: SAFARI.
O bullying é o tema que se trata; aquí o alumnado pode entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana.
E por fin, aquí vos deixamos a presentación de fotos que fixemos do día 1 de outubro, cando acudimos ao auditorio xa que nos convidaron á Gala de entrega de premios do X Certame de Cine OUFF ESCOLA 2019. Agardamos que vos gusten!
Onte pola mañá acudimos á Gala de entrega de premios do X Certame de Cine OUFF Escola para o que presentamos dous traballos de animación feitos o curso pasado: Xaime e as landras e Maruxa.