SAÍDA AUDITORIO: O LOBO E A LÚA
Bo día!!!
Hoxe tocou saída!!!
Ás 11:00 da mañá os buses estaban esperando na entrada do colexio para ir ao Auditorio Municipal a ver a obra de teatro que leva por título: O LOBO E A LÚA.
Trátase dun espectáculo tenro, divertido e intrigante no que os seus personaxes conviven a pesar das diferenzas que existen entre eles. A obra transcorre de noite, á luz da lúa, e onde se trata a amizade, a superación dos propios medos e o amor.