Skip to Content

XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA

Durante este último trimestre estivemos  traballando a educación  viaria nas aulas e onte tivemos unha actividade complementaria que se desenvolveu no patio do colexio durante toda a mañá.



 

A Consellería de Educación en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico instalou uns circuitos de educación viaria no patio con actividades para formar ao alumnado na súa condición de peatóns.

Ademais dous axentes de tráfico permitíronlle ao alumnado probar, sentir e desfrutar nas motos que trouxeron. As luces e sireas pronto comezaron a soar e as caras de emoción foron increibles!!!

Xa vos podedes  imaxinar en que parte da actividade o alumnado tivo que gardar quenda para participar non?

Para rematar, a coordinadora provincial de educación viaria fíxolle entrega aos alumnos e alumnas dun agasallo de recordo.

Moitísimas grazas.



blog | by Dr. Radut