I Xornadas de Atención á Diversidade
Enviado por pablogulin a Mar, 04/12/2012 - 15:09Summary:
O día 24 de novembro terá lugar na EGAP (Santiago de Compostela), de 9:00 a 20:30, as I Xornadas de Atención á Diversidade.
Summary:
O día 24 de novembro terá lugar na EGAP (Santiago de Compostela), de 9:00 a 20:30, as I Xornadas de Atención á Diversidade.
Summary:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facilitou o seguimento das IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia a todos os interesados, a través da retransmisión en streaming das sesións. O encontro foi inaugurado polo conselleiro en funcións, Xesús Vázquez Abad. O encontro, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos, reuniu a máis de 1.100 docentes.
Summary:
XEFATURA DE DEPARTAMENTO
ASESORES/AS
ASESORES
ASESORES
ASESORES
ASESORES
ASESORES
ASESORES
Miguel Carlos de Castro Miguel (cfr.ferrol.tic@edu.xunta.es)
Summary:
Aula virtual de asesoramento modalidades 1 e 2: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=222
Aula virtual de asesoramento modalidade 5: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=233
Summary:
As persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir. Con esta iniciativa preténdese fomentar que os usuarios compartan os contidos que consideran de utilidade para así ampliar a oferta de contidos dixitais nas diferentes materias no espazoAbalar. A continuación detállase o procedemento a seguir polas persoas interesadas en participar nesta iniciativa:
As persoas que queiran ceder materiais para publicalos no repositorio de contidos deberán poñerse en contacto cos asesores encargados do departamento TIC do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) para a validación deste material a través das seguintes contas de correo electrónico:
- cafi.tic.contidos@edu.xunta.es
No correo electrónico, deberán indicar:
- Nome, centro e teléfono de contacto
- Título do traballo
- Curso e materia
- Breve descrición
- Software necesario para súa execución
- Se os traballos están visibles nalgunha páxina web, indicar o enderezo
Os asesores do CAFI indicarán aos interesados como enviar os contidos e aportarán a documentación necesaria para a cesión do material no caso de ser valorados positivamente para ser subidos no repositorio do espazoAbalar. No caso contrario, os asesores do CAFI contactarán coas persoas interesadas para comunicarlles que os contidos non serán publicados no repositorio indicando os motivos de esta decisión.
Presentación en pdf sobre o repositorio de contidos do espazoAbalar: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=12673
O repositorio de contidos do espazoAbalar: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazos/recursos
Summary:
Que é PLATEGA?
PLATEGA (Plataforma de Teleformación de Galicia) é o lugar onde se desenvolven os cursos na Rede do plan de formación do profesorado. O desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación, permiten esta modalidade de aprendizaxe, cuxo fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.
Inscrición nos cursos na Rede:
A inscrición nun curso na Rede realízase do mesmo modo que para o resto do cursos do plan de formación, en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Pódese filtrar a busca por “forma de participación / en rede”. Os criterios de admisión serán os que aparezan no plan anual.
Tamén é posible acceder de maneira libre aos contidos dos cursos ofertados na sección de Formación aberta, través da opción de "automatriculación". Estes cursos, non titorizados nin certificables, son considerados de interese especial para a consulta por parte do profesorado.
Como acceder a PLATEGA?
O acceso á plataforma faise a través da dirección web www.edu.xunta.gal/platega, sendo necesario dispor dunha conta de correo corporativa @edu.xunta.gal. O usuario e contrasinal serán os mesmos que para dita conta. Unha vez feito o acceso, poderase visualizar o listado de cursos nos que se está matriculado (de estalo nalgún). Só se pode ter acceso a aquelas actividades formativas nas que se foi seleccionado e admitido, e nunca antes de que o curso dea comezo.
O perfil:
Na parte dereita da barra superior aparece o nome de usuario co que se identificou no sistema, sendo este nome un enlace á ventá de edición do perfil. Dende alí pódese acceder á pestana “Editar información” e corrixir ou completar os datos. É recomendable personalizar o perfil cunha foto ou imaxe.
Presentación nos foros:
As persoas participantes nunha actividade de formación na Rede deben realizar a súa presentación obrigatoria no foro destinado para tal fin no prazo indicado pola coordinación da actividade. A non comparecencia na dita presentación supón a baixa na actividade e considerarase "non presentada" cos mesmos efectos do establecido para as actividades presenciais.
Algúns elementos dun curso Platega:
- Guía informativa na que se recollen todos os aspectos necesarios para o correcto seguimento do curso.
- Coordinador/a do curso, persoa asesora da rede de formación do profesorado encargada do correcto desenvolvemento da actividade (deseño da programación, xestión da selección de participantes, documentación e control do curso).
- Titores/as que atenden persoalmente ás persoas participantes a través das formas de comunicación establecidas e avalían as tarefas devolvendo comentarios para a súa mellora no caso de que sexa preciso.
- Contidos e información sobre a temática da actividade.
- Tarefas relacionadas coa temática da actividade, orientadas a facilitar a comprensión e asimilación dos contidos, dar un enfoque práctico e demostrar os coñecementos adquiridos.
Comunicación coas persoas titoras do curso:
Existen varias opcións de comunicación cos titores:
- A través dos foros (foros de dúbidas, foros de novas, foros de avisos,...)
- A través do sistema de mensaxería interna da plataforma.
- Ocasionalmente pode existir un Chat para comunicación a tempo real.
7. As persoas seleccionadas que teñan confirmada a asistencia e non comparezan á primeira sesión ou abandonen a actividade sen causa xustificada, serán dadas de baixa na actividade e non serán seleccionadas para as actividades que se desenvolvan no mesmo curso académico.
8. As persoas participantes nunha actividade de formación en rede deberán realizar a súa presentación obrigatoria no foro destinado para tal fin, na aula virtual do curso, no prazo indicado pola coordinación da actividade. A non comparecencia na dita presentación ou o abandono da actividade sen causa xustificada suporá a baixa na actividade e considerarase non presentada cos efectos do establecido no parágrafo anterior para as actividades presenciais.
Summary:
"Formación Aberta" é unha sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.
O fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, polo que estes cursos non implican nin titorización nin certificación. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartino ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.
Summary:
Convocatoria conxunta da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa 'Nós tamén creamos!' en centros de infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso académico 2012/2013.
Colaboran a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e OQOeditora.
Pódese atopar o texto da convocatoria e o modelo de inscrición na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_premios
Summary:
Hoxe comezou a segunda fase da actividade formativa para acceso á función directiva e para novos xefes de estudos no Hotel Congreso de Santiago de Compostela . O programa do día de hoxe será o seguinte:
Wetpaint é unha empresa que ofrece servizo de rede social e servizo de aloxamento de wikis. Á hora de darte de alta ofrece un subdominio de "wetpaint.com", pero as URL personalizadas tamén están dispoñibles. Wetpaint é gratuíto e subvencionado pola publicidade contextual. Se pides un sitio para uso educativo ponche unha plantilla sen publicidade.
Áreas-CAFI: