Título node Learning object
Conxunto de ferramentas para crear xogos de pregunta-resposta completamente configurables (non só en canto ás preguntas senón tamén en canto á estética e deseño do xogo).
As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:
• Edipre: Editor de preguntas. Programa informático para contornas windows e linux. As preguntas permiten incluír imaxes, sons, animacións, vídeos, ligazóns web,...
• DEX: Deseño de Xogos. Aplicación para a construción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux , mac e Internet.
• E por último xoga.swf é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos.
Ferramentas de autor freeware. Autores: Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.
http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1292832911/contido/index.html