Ampliación do prazo da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto Combas Galicia para o curso 2013/2014

Lun, 28/10/2013 - 14:58
proxecto combas

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto  “COMBASGalicia” para o curso 2013-2014 amplíase ata o día 11 de novembro de 2013.

Destinatarios:

Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Documentación necesaria

As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo,  e constará da seguinte documentación:

- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.

- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.

-  Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III

-  Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.