Actividades Dinamización

Festa das palabras, 2016

Celebramos a III Festa das Palabras o 26 de maio de 2016 no Teatro Principal. Noraboa aos galardoados e grazas as persoas que colaboraron na súa organización e realización, sen as que non sería posible levala a bo fin. 

 

15-16 festa das palabras  (88) (Copiar)

Contra a violencia de Xenero

Un ano máis, o noso IES sensibilízase ante un tema que constitúe xa unha verdadeira lacra na nosa sociedade; por iso realizamos unha serie de actividades que tratan denunciar situacións de violencia de xénero, así como concienciar a todo o alumnado da necesidade de loitar contra ese grave problema.

Velaí estamos todos e todas, unidos co resto dos institutos da Estrada, para manifestar a nosa repulsa ante as mortes que se produciron neste ano.

 

 

15-16 vilencia de xenero  (2)

Correlingua 2015

14-15 correlingua  (9)

1º Concurso de Cociña no Centro

O pasado venres, día 27 de marzo, o alumnado de 1º  ESO celebrou unha actividade a partir do libro de lectura, Escarlatina, a cociñeira defunta, na que se elaboraron receitas de cociña inspiradas no libro. A partir de aquí, o IES Nº 1 realizou un concurso entre os participantes no que se concederon tres premios. 

14-15 concurso cociña  (18) (Copiar)

Eu son Rosalía

Conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro, con este vídeo.

 

Club de Lectura. Festa de Remate

DÍA DE BEN E MARABILLA.DOZURA DE LETRAS E COMPLICIDADES


O martes 17 a paso de moita ilusión, indo do IES ao Recreo Cultural da Estrada, onde fomos marabillosamente recibidos, chegamos a golpe de calor e cos corazóns a cen para mergullarnos nas augas frescas da piscina e de seguido entre colegas demos conta dun xantar guapo e ben servido. Pola tarde logo do baño, tivemos contactos para traballarmos nunha enquisa-valoración dos CLUBES DE LECTURA deste curso 2014.Todo foi percorrendo entre amabilidades e pensamentos. Foi fermoso e iso demostra, así o fixemos notar, que a LECTURA é un facer fermoso, necesario e libre (vamos, porque che peta).Quen non le…non sabe o que perde, pero dentro do respecto…alá el ou alá ela.
Este ano pechamos con portas abertas as actividades e propostas dos nosos TRES CLUBES DE LECTURA do noso IES.Un adicado ao Teatro, outro á Narrativa e Poesía e o outro ao Cine.
Miremos aos tempos que virán e teñamos un lugar guapo e disposto para facer lectura de frescura que é algo cheo de esperanza, de liberdade, de amor, de complicidade. Todo ha ser 

Correlingua 2014

Conmemoración do Centenario de Nós

Conmemoración no IES Nº 1 da Estrada do centenario da primeira exposición na Coruña da exposición das láminas do libro NÓS de Castelao

 

 

 

 

Día da poesía, 2014

Actividade realizada no IES Nº 1 da Estrada para conmemorar o pasado 21 de Marzo o DÍA INTERNACIONAL DE POESÍA, está promovido polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do Centro, e como sempre, co alumnado como bandeira.

 

Entrega dos carnets de biblioteca, curso 13-14

Hoxe entregamos os carnets de bibloteca ao alumnado que se incorpora este ano ao IES Nº 1. 
Agora.... tócalle a eles usalos sen mesura, mentras ler e educarse siga sendo un ben público e gratuito.


Correlingua, 2013

Vídeo realizado por Raúl Constenla para 3º IMMAA.

 

Galego porque me peta

Traballos realizados polo alumnado de 1º e 4º de ESO, o departamento de plástica e o de dinamización lingüística 

 

GALEGO PORQUE ME PETA