Pedro Souto Riveira, alumno de 4º ESO, participou hoxe no programa nº 408 (07-02-2024) do Proxecto Neo, unha experiencia radiofónica veterana e recoñecida do IES Perdouro de Burela. A partir do minuto 48, o Pedro falou das súas paixóns e experiencias en proxectos educativos e locais.
Houbo tempo para dar a coñecer o Praíña Sp. C, do clube e mais del mesmo como xogador; divulgar a tradición dos Xenerais da Ulla, especialmente do Entroido de Couso; e comentar a súa implicación en iniciativas audiovisuais e na campaña Aquí tamén se fala do IES Nº 1. Falou Pedro e falou ben!
Estamos moi agradecid@s a Bernardo Penabade e Vanesa Vila-Verde por convidarnos a participar neste proxecto referente da radio escolar e o diálogo intercultural. Foi un pracer! Convidámosvos a escoitalo!!!