Primeira Festa das Palabras

O colectivo Traballando xuntos formado por todos os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Concello da Estrada, propuxeron a actividade “Iº Certame de microrelatos e micropoesía” ao redor da figura de Xosé Mª Díaz Castro e así na liña creadora da palabra soños. De cada centro premiáronse segundo as seguintes categorías:

-         

1º, 2º e 3º ciclo de Primaria

-         

1º,2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato.

O acto de entrega de premios foi na “Iª Festa da Palabra” o día 9 de xuño no Teatro Principal de A Estrada.

Os traballos premiados formarán parte dun libro colectivo financiado polo concello de A Estrada.

A organización correu  a cargo dos ENLG coa colaboración do concello de A Estrada.

Do noso IES os premiados foron:

-         

Micropoemas: Adrián Fernández Vinseiro (1º ESO), Laura Espiño Dos Santos (4º ESO)

-         

Microrelatos: Nicolás Gómez Rey (1º ESO).

A entrega de premios do noso centro fixérona: o director do centro, a orientadora e o presidente da ANPA.

 

Esta actividade forma parte do Plano de Fomento do uso da Lingua Galega.