Actividades da biblioteca

Celebramos o Día do Libro en Radio Estrada

Hoxe celebramos o Día do Libro en Radio Estrada, nun especial do programa do Recuncho da lingua.

Nesta ocasión foron Germán (1ºA), Mateo (1ºB) e Noa (1ºC) os encargados de transmitirlle a toda a audiencia como a lectura pode facerse viva, polas rúas e recantos da nosa vila. Así, levados do recordo da andaina que fixeramos co escritor Xosé Luna, retomamos o paseo, nesta ocasión a través das ondas. E xurdiron de novo eses lugares máxicos para o autor, eses días azuis e o sol da infancia e fomos camiñando, camiñando... a través das palabras, na procura da felicidade.

Convidámosvos a escoitar o programa neste podcast.

 

Feliz Día do Libro!

 

 

 

Roteiro Camiñando Camiñando

O martes á tardiña, o alumnado de 1º de ESO puido coñecer de primeira man os espazos vitais máis importantes para un escritor de noso: Xosé Luna.

O propio autor nos acompañou nesta andaina, adobiada cos seus versos, na voz das profesoras e alumnos e alumnas do IES.

Foi unha fermosa maneira de adiantarnos ao Día da Poesía, que se conmemora o próximo 21 de marzo.

 

 

 

roteiro 2022  (4)

 

 

Día de Castelao 2022

 

 

cousas da vida            Castelao Comic

 

Castelao retrata a actualidade do seu tempo en Cousas da vida.

Seguro que, se tivese móbil, había facer unha chea de memes, porque a ironía e o humor son algúns dos seus sinais de identidade.

Olla as viñetas orixinais e crea despois, na versión cómic, un meme adaptado ao noso tempo.

BO NADAL - Este ano toca Nadal

O IES Nº 1 da Estrada deséxalles unhas Boas Festas e un Feliz Ano Novo.

Ademais, queremos agradecer o labor da alumna Uxía Seoane, que aínda quita tempo para agasallarnos con este vídeo de felicitación, cheo de esperanza e de bos desexos para estes tempos de incertezas.

Moitas grazas e parabéns, Uxía.

Voltamos o 10 de xaneiro!

Concurso de Foto - Poesía LEBRES COMO GACELAS - XELA ARIAS

O IES Nº 1 foi galardoado co 1º Premio na Categoría de Centros e con dous premios individuais no concurso organizado pola Deputación de Pontevedra para homenaxear a figura de Xela Arias.
A nivel individual, concedéronnos un 1º premio para a alumna Helena Castaño e un accésit para Hiba Lajouad.
Parabéns a estas magníficas rapazas e tamén a todos os mozos e mozas que participastes no concurso coas vosas creacións, dunha calidade excelente, merecedora tamén de premio. 
A poesía de Xela Arias late nestas novas voces que entrelazaron maxicamente a palabra e a imaxe, como xa fixera noutrora a ousada poeta no seu libro máis transgresor Tigres coma cabalos
Se picades aquí, poderedes ler a noticia do xornal Faro de Vigo, que recolle a entrega do galardón.
E moito máis importante, aquí tedes a montaxe que recolle todas as vosas creacións.
Desfrutade delas! 
 

Samaín, 2021

Esta é unha escolma dos traballos realizados polo alumnado de plástica dentro das actividades do Samaín do curso 21-22

 

21-22 samain

Roteiro Marcial Valladares

O IES Nº1 o martes 26 conmemorou O DÍA DAS BIBLIOTECAS ao pé da casa de MARCIAL VALLADARES, celebrando así o bicentenario do seu nacemento, aló polo ano 1821.

Logo de máis dun ano sen saídas, no Nº1 procuramos de novo o vento e a luz en Berres, na súa parroquia natal, para agasallar a un dos grandes, señor de Vilancosta e señor das Letras Galegas.

Pilar Bernárdez, alma máter deste proxecto e de tantos outros, guiou os mozos e mozas do IES a través dun roteiro no que puideron sentir e valorar todo o que pasaba nesa parroquia de Berres, hai xa 200 anos, grazas ao labor dos Valladares.

O roteiro foi percorrendo distintos recunchos relevantes na vida e obra do autor. Comezamos ás 12:30, na igrexa de Berres, ao pé da pía bautismal, continuou cara ao cemiterio e de aí seguimos o percorrido cara a Vilancosta. Xa no Areal, os nosos mozos e mozas de 2º de ESO  realizaron lecturas colectivas e interpretacións de cantigas de Valladares ao son das pandeiretas. Este acompañamento musical completouse coa colaboración de dous músicos, veciños de Berres, un deles ex-alumno do propio IES Nº1. 

Parabés a todos os que fixestes posible este fermoso e solleiro día!

 

 

Selección de fotos del Maratón 30x30 do curso 20-21

Selección de fotos do MARATÓN fotográfico 30x30 do curso 2020/21 no IES Nº1
(30 fotos en 30 días)
 
Dura algo mais de 6 minutos (é unha selección de 90 fotos entre mais de 4.000) pero vale a pena dedicarlle ese tempo xa que o resultado realmente é moi bo.
Parabéns a todos e todas as participantes (alumnado dende 1º a 4º de E.S.O.)

19-20 Charla Baia Fernández

19-20 Charla Baia Fernández

DÍA DE ROSALÍA, 2021

Debido ás restricións sanitarias por mor da pandemia que estamos a sufrir, a conmemoración do Día de Rosalía trasladámola ás redes sociais, mantendo o mesmo fin de lembrar a nosa poeta e todos os valores de rebeldía, amor á Terra, compromiso coas emancipacións e celebración da vida que ela representa. E moitas cousas máis das que nos gustaría que nos falases ti para encher un minuto co tema que desexes sobre esta escritora que tanto nos di cos seus versos.
Pedímosche que graves unha intervención de menos de 60 segundos e que nola envíes ao correo da nosa páxina web: redaccion@tabeirosmontes.com, ou que nola fagas chegar por calquera outro medio até o venres 19 de febreiro co fin de publicar nas redes sociais e na web www.tabeirosmontes.com o día 24 todas as achegas. Estas actividades rematarán coa lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega ás 20:00 h. a través das nosas

 

Samaín Pandémico no IES Nº 1

Quen dixo medo?

Nestes tempos de pandemia, as actividades do IES Nº 1 van collendo rumbo, amodiño pero con paso firme. E o noso alumnado, coma sempre, responde ás nosas propostas con orixinalidade e creatividade.

Este vídeo recolle os vosos traballos. De seguro que vos vai encantar!

 

Parabéns a todos e graciñas por colaborar!