Roteiro Marcial Valladares

O IES Nº1 o martes 26 conmemorou O DÍA DAS BIBLIOTECAS ao pé da casa de MARCIAL VALLADARES, celebrando así o bicentenario do seu nacemento, aló polo ano 1821.

Logo de máis dun ano sen saídas, no Nº1 procuramos de novo o vento e a luz en Berres, na súa parroquia natal, para agasallar a un dos grandes, señor de Vilancosta e señor das Letras Galegas.

Pilar Bernárdez, alma máter deste proxecto e de tantos outros, guiou os mozos e mozas do IES a través dun roteiro no que puideron sentir e valorar todo o que pasaba nesa parroquia de Berres, hai xa 200 anos, grazas ao labor dos Valladares.

O roteiro foi percorrendo distintos recunchos relevantes na vida e obra do autor. Comezamos ás 12:30, na igrexa de Berres, ao pé da pía bautismal, continuou cara ao cemiterio e de aí seguimos o percorrido cara a Vilancosta. Xa no Areal, os nosos mozos e mozas de 2º de ESO  realizaron lecturas colectivas e interpretacións de cantigas de Valladares ao son das pandeiretas. Este acompañamento musical completouse coa colaboración de dous músicos, veciños de Berres, un deles ex-alumno do propio IES Nº1. 

Parabés a todos os que fixestes posible este fermoso e solleiro día!

 

 

21-22 M Valladares Berres

 

VALLADARES 3