Hoxe celebramos o Día do Libro en Radio Estrada, nun especial do programa do Recuncho da lingua.
Nesta ocasión foron Germán (1ºA), Mateo (1ºB) e Noa (1ºC) os encargados de transmitirlle a toda a audiencia como a lectura pode facerse viva, polas rúas e recantos da nosa vila. Así, levados do recordo da andaina que fixeramos co escritor Xosé Luna, retomamos o paseo, nesta ocasión a través das ondas. E xurdiron de novo eses lugares máxicos para o autor, eses días azuis e o sol da infancia e fomos camiñando, camiñando... a través das palabras, na procura da felicidade.
Convidámosvos a escoitar o programa neste podcast.
Feliz Día do Libro!