Actividades da biblioteca
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Un ano máis, queremos recibir ao novo alumnado na nosa Biblioteca e por iso convidámosvos a vir o luns, 24 de outubro, a un acto que celebraremos alí para todos vós.
Día de Rosalía, 2016
O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Durante toda a semana o Centro organizou actividades para conmemorar a autora.
Para comezar, o Equipo da Biblioteca, en colaboración cos outros IES da Estrada, participa no concurso fotográfico baseado en textos da escritora, que se desenvolverá durante todo o mes de febreiro.
O martes 23 o alumnado de 1º ESO realizou unha ofrenda a Rosalía, no Panteón dos Galegos Ilustres, onde un grupiño de rapaces e rapazas interpretaron “Adiós ríos, adiós fontes”.
O mércores, xa no Centro, inauguramos a Mesa de Rosalía, cun menú rosaliano formado por versos, estrofas e libros da escritora. O alumnado foi convidado a degustar o menú, recitando poemas de Rosalía.
Ese mesmo día un grupo de rapaces do noso IES colaborou na actividade organizada polo Concello en recoñecemento a Rosalía, e interpretaron no MOME o poema “Miña Santiña, miña Santasa”.
Contra a violencia de Xenero
Un ano máis, o noso IES sensibilízase ante un tema que constitúe xa unha verdadeira lacra na nosa sociedade; por iso realizamos unha serie de actividades que tratan denunciar situacións de violencia de xénero, así como concienciar a todo o alumnado da necesidade de loitar contra ese grave problema.
Velaí estamos todos e todas, unidos co resto dos institutos da Estrada, para manifestar a nosa repulsa ante as mortes que se produciron neste ano.
Manifesto do IES Nº 1 contra a violencia de xénero
Que representa unha muller para ti?
Para algún babecos, muller significa:
Obxecto, cousa miña, da miña propiedade, escrava da casa, sexo débil, persoa á que se lle pode berrar, escrava sexual, estorbo…
Para nós, alumn@s do IES Nº1, muller significa:
Persoa e libre, pomba de luz.
Estrela e Sol, porque as mulleres brillamos con luz propia.
Piar, pedra angular, que terma de todo para que nada se derrumbe.
Nai, nai túa,miña…sen máis explicacións.
Forza impetuosa, loita sen tregua.
Intelixencia e sensibilidade, man a man.
Cariño e sorriso, sempre e mais despois.
MULLER…SIMPLEMENTE…MULLER!
Inauguración Curso na Biblioteca
Comeza o curso un ano máis e, como non podía ser doutro xeito, a Biblioteca abre as súas portas para toda a comunidade educativa.
O xoves 1 de outubro abrimos simbolicamente, nun acto no que o escritor e ex-compañeiro David Otero nos agasallou cunha fermosa charla arredor da lectura, dos libros e das bibliotecas escolares. Ademais, o equipo da biblio aproveitou para recibir de maneira especial ao alumnado de 1º de ESO, a quen entregou os carnés e agasallou cun bonito.
Queda, por tanto, aberta a Biblio! Agardámosvos!
2015-16 Roteiro polo val do Vea
O martes, día 29 de setembro, o alumnado e o profesorado que o curso pasado desenvolvemos o Proxecto Interdisciplinar realizamos un roteiro polo val do Vea. Visitamos o castro de Barbude, a igrexa de Santeles, as burgas de Teo, a igrexa de Requián e a área recreativa do Xirimbao.
Como se movía a ponte colgante e canto nos picaron os fentos do castro!
Agradecemos a todos os que colaboraron con nós e nos permitiron gozar dun día tan fermoso.
Homenaxe a David Otero
Velaí a emotiva despedida ao mestre.
Rapaces e rapazas emocionados agradecen as leccións do NOSO PROFESOR
ATA SEMPRE, COMPAÑEIRO !!!
1º Concurso de Cociña no Centro
O pasado venres, día 27 de marzo, o alumnado de 1º ESO celebrou unha actividade a partir do libro de lectura, Escarlatina, a cociñeira defunta, na que se elaboraron receitas de cociña inspiradas no libro. A partir de aquí, o IES Nº 1 realizou un concurso entre os participantes no que se concederon tres premios.
Charla de Ledicia Costas
O pasado día 4 visitounos Ledicia Costas autora da obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”, obra de lectura para o alumnado de 1º da ESO. Neste encontro os rapaces e rapazas foron descubrindo certos enigmas que non quedaran ao descuberto coa lectura. Así mesmo asinoulle no libro como mostra da súa presenza.
Actividades de celebración do DÍA DE ROSALÍA
No acto organizado polo Concello da Estrada no MOME para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro participamos recitando por diversos membros da comunidade educativa un texto de David Otero que gaba a figura da autora.
Baixo o lema 24F de R o alumnado leu e interpretou diversos poemas da autora.
Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES
Os alumnos de 3º ESO participan na Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES que organiza o departamento de Ciencias Naturais e o de Orientación do centro. A charla e levada a cabo pola OCT (Oficina de coordinación de trasplantes do Servizo Galego de Saúde). A charla é impartida por Marta Álvarez da OCT e por Dolores unha muller que foi transplantada de fígado fai 12 anos, e que ven a contar a súa experiencia aos alumnos.
Club de Lectura. Festa de Remate
DÍA DE BEN E MARABILLA.DOZURA DE LETRAS E COMPLICIDADES
O martes 17 a paso de moita ilusión, indo do IES ao Recreo Cultural da Estrada, onde fomos marabillosamente recibidos, chegamos a golpe de calor e cos corazóns a cen para mergullarnos nas augas frescas da piscina e de seguido entre colegas demos conta dun xantar guapo e ben servido. Pola tarde logo do baño, tivemos contactos para traballarmos nunha enquisa-valoración dos CLUBES DE LECTURA deste curso 2014.Todo foi percorrendo entre amabilidades e pensamentos. Foi fermoso e iso demostra, así o fixemos notar, que a LECTURA é un facer fermoso, necesario e libre (vamos, porque che peta).Quen non le…non sabe o que perde, pero dentro do respecto…alá el ou alá ela.
Este ano pechamos con portas abertas as actividades e propostas dos nosos TRES CLUBES DE LECTURA do noso IES.Un adicado ao Teatro, outro á Narrativa e Poesía e o outro ao Cine.
Miremos aos tempos que virán e teñamos un lugar guapo e disposto para facer lectura de frescura que é algo cheo de esperanza, de liberdade, de amor, de complicidade. Todo ha ser
Día da poesía, 2014
Actividade realizada no IES Nº 1 da Estrada para conmemorar o pasado 21 de Marzo o DÍA INTERNACIONAL DE POESÍA, está promovido polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do Centro, e como sempre, co alumnado como bandeira.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »